Jacket potatoes

Jacket potatoes

Jacket Potatoes

Cando descubrín por primeira vez as jacket potatoes, andaba eu alá por terras escocesas e foi unha desas receitas que me fixo pensar que despois de todo a gastronomía da Gran Bretaña non é tan mala como acostuman a pintala. O proceso non é moi rápido, porque o tempo de forno para que a pataca quede ben asada é bastante longo, mais todo o tempo empregado paga ben a pena polo resultado. Unha pataca brandiña por dentro e crocante e seca por fora. O recheo xa depende dos gustos que cada quen. Aquí, póñovos unha das receitas máis típicas. Imos aló! Continue reading “Jacket potatoes”

Tortilla rechea / Stuffed potato omelette

Tortilla de patacas rechea

tortilla

Si, seino, a tortilla de patacas xa está de por si boísima, e máis aínda con ovos, patacas e cebolas da casa. Mais se a esta combinación xa de por si deliciosa, lle engadimos queixo de Bama, xamón cocido, leituga e rúcula, teremos ante nós a tortilla máis saborosa do mundo! Sobre todo polo queixiño, xa sabedes que é unha das miñas debilidades, e máis vendo como se derrete e cae pola tortilla abaixo. Un pequeno pracer para tódolos sentidos. Imos aló! Continue reading “Tortilla rechea / Stuffed potato omelette”

Brunch americano / American Brunch

Brunch americano

Brunch

Isto do brunch, que semella un invento novo ou algo así, non é máis que comer algo máis forte cando durmimos de máis o domingo e xa é tarde para o almorzo e algo cedo para o xantar. De seguro que moitos de vós, coma min, almorzastes (algo tarde xa) algunha filloa (con chourizo), orella, pizza ou algunha que outra lambonada que sobraba do día anterior, non si? O caso é que agora está de moda (e con razón!!!), así que aquí vos deixo 4 receitas nunha, que as podedes facer para o brunch, para o almorzo, para xantar, de sobremesa…en fin, para cando máis vos apeteza! Dicirvos, por se alguén non o sabe, que a palabra brunch ven da unión de dúas palabras inglesas: breakfast (almorzo) e lunch (xantar) = brunch. Imos aló! Continue reading “Brunch americano / American Brunch”

Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes

Patacas recheas de chourizo e San Simón

image

Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! Ademáis, unha vez que lle collamos o punto ás patacas, poderemos rechealas do que máis vos guste. Imos ver como se prepara. Continue reading “Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes”