Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole

Guacamole e nachos caseiros

guacamole nachos

Como gozo eu facendo estas receitas que dan tan pouco traballo e tan bo resultado! Que si, que de cando en cando apetece facer receitas máis elaboradas, máis para o día a día o mellor son estas receitas que se fan nun plis, e que están de vicio! Os nachos fanse en 10 minutiños e o guacamole en 5. E ademáis, o guacamole é do máis saudable e apto para tódalas dietas. Imos aló! Continue reading “Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole”

Empanadiñas de verduras / Veggies pasties

Empanadiñas de verduras

Empanadiñas

Unha receita saudable, sen demasiadas complicacións e moi sabedeira. Desta vez, fíxenas ao forno, para que foran aínda máis lixeiras, e ademáis, só levan verduriñas, así que vexetarianos e veganos, estade atentos! 😉 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de verduras / Veggies pasties”

Cangrexos de chocolate / Chocolate croissants

Cangrexos de chocolate

cangrexo

Unha receita moi rápida, sinxela e que ademáis dá un resultado xenial. Non saben como os da pastelaría, porque a masa non é a mesma, pero pódennos sacar dun apuriño e ter un postre saboroso nun intre! O do nome é porque, sempre que os vexo, a min parécenseme a cangrexos (ou caranguexos), así que aí lle vai o nome! 😉 Imos ver como se fan! Continue reading “Cangrexos de chocolate / Chocolate croissants”

Lasaña fría de pan / Cold bread lasagne

Lasaña fría de pan

image

Hoxe traiovos unha receita perfecta para eses días de calor nos que non apetece nin entrar na cociña! Como se pode facer o día anterior, e así incluso estará máis fresquiña, tamén será unha moi boa opción se tedes invitados a comer. Continue reading “Lasaña fría de pan / Cold bread lasagne”