Fideuà

Fideuà

fideuà

Esta receita de fideuà é algo distinta á tradicional, de feito, a fideuà (fideuada) tradicional leva uns fideos gordiños cun buratiño polo medio, chamados fideos perla. Xa sei que por estes lares nosos non é un prato que se estile moito, mais si que é un prato que acostuma a gustarnos bastante 😉 Esta versión de fideuà leva fideos finos, finos, deses que empregamos para a sopa e tamén a poñeremos no forno para que queden ben crocantes por riba e súper saborosos. Hai quen acostuma a acompañar esta fideuà con alioli caseiro, mais a min gústame tanto que non son quen de botarllo, pois creo que lle saca moito sabor. Iso xa, a gustos! Para que sexa máis rápida e sinxela, o caldo de peixe e marisco é mercado, mais se tedes a posibilidade de facelo caseiro, non o dubidedes. Imos aló! Continue reading “Fideuà”

Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi

rosas

Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como mazás e masa de follado. Conta a lenda que cando Sant Jordi matou o dragón que ía devorar á princesa, do seu sangue saiu unha roseira, polo que Sant Jordi colleu unha rosa e doulla á princesa. De seguro que a princesa quedaría aínda máis contenta se esa rosa fora coma estas 😉 Imos aló! Continue reading “Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses”

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Como ben sabedes, xa quedan poucos días para o día do libro. E, por certo! Se estades pensando en agasallar a alguén cun libro moi larpeiro, divertido, orixinal e cheo de receitas, non dubidedes en botarlle un ollo ao libro de As Lambonadas de Kukinhas! Un libro con receitas paso a paso, con imaxes e receitas para tódalas ocasións! 😀 O caso é que, ademais do día do libro, comeza a ser cada vez máis famosa a Diada de Sant Jordi, ou o día en que os homes agasallan ás mulleres cun libro, e elas a eles cunha rosa…ou era ao revés? 😉 O caso é que, como acostuma a ser xa habitual, estas festas veñen acompañadas dalgunha lambonada ou prato especial. O pan de Sant Jordi é un invento relativamente recente, mais co bo que está non é de estrañar que se convertira tan axiña nunha tradición. Ademais, dentro duns días, tamén aprenderemos a facer unhas comestibles e moooi sabedeiras rosas de Sant Jordi! Polo momento, imos co pan! Continue reading “Pa de Sant Jordi”

Banoffee Pops

Banoffee pops

banoffee pops

Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló! Continue reading “Banoffee Pops”

Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

lasaña

Hai uns anos probamos nun restaurante vexetariano unha lasaña que estaba de vicio. Por suposto non levaba carne, mais non soubemos moi ben que era o que levaba, o que si, é que semellaba carne talmente. Despois dun tempo, descubrimos que tal ingrediente era a soia texturizada, un alimento baixo en graxas, rico en proteínas e cun sabor suave e moi agradábel. Dá ben o pego e, se non cho din, probablemente penses que é carne, polo que podedes aproveitar para facerllo a alguén a ver se é quen de adivinar de que está feita a lasaña. Polo demais, os ingredientes de sempre para facer unha boa lasaña rica rica. Para aquelas persoas que sexan veganas, para facer a bechamel, empregaremos aceite de oliva e leite vexetal; e para botar por riba, ou ben queixo vegano ou ben améndoa picada, que lle queda de luxo. Imos aló! Continue reading “Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna”

Crumpets

Crumpets

crumpets

Hai uns días unha boa amiga que anda por terras británicas mandoume unha foto dos crumpets, e o certo é que eu nunca tal cousa vira, e iso que vivín en Escocia durante case un ano. O caso é que grazas a ela comecei a investigar sobre esta lambonada e resulta que a súa orixe se remonta alá pola época dos Anglo-Saxóns. Alá polo século V, cando os Anglo-Saxóns (e os Xutos, que destes sempre se esquecen) chegaron a Gran Bretaña, de seguro que despois de tantos e tantos kilómetros, chegarían con fame e con gana de lambonear. Ademais da pegada lingüística, cultural e social que deixaron os Anglo-Saxóns na illa, tamén deixaron, como non, a súa pegada gastronómica, e así foi como chegaron os crumpets ata nós. Como ben supoñedes, os ingredientes son ben sinxelos, posto que na época non había nin fondant nin buttercream nin ingredientes complicados cos que facer larpeiradas. Iso si, o seu sabor é incrible! E a súa forma, redonda e moi gordiña, cuns buratiños moi característicos por riba. Probastes algunha vez a dobrar unha filloas e meterlle unha boa trabada? Pois os crumpets saben algo así, como unha explosión de sabor filloíl 😉 Se os Anglo-Saxóns fixeron taaantas cousas ben, coa comida non ían ser menos, va que non? Imos aló! Continue reading “Crumpets”