Arroz fritido / Fried rice

Arroz fritido

arroz fritido

Despois de tanto e tanto tempo, descubro que non teño a receita de arroz fritido no blogue. E como pode ser? Co que a min me gusta e o ben que cumple as miñas máximas de receita perfecta: rápido, sinxelo, saudábel e saborosísimo. O arroz fritido é unha receita ben socorrida, desas que sabe de medo e faise nun plis, e ademais, perfecta para cando temos que quedar a comer no traballo. Ademais, deixovos dous ingredientes que lle dan un toque moi especial e fan que aínda estea máis bo. Imos aló! Continue reading “Arroz fritido / Fried rice”

Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

Magdalenas de cereixa

madalenas de cereixa

Con isto da repostaría moderna, ás veces mesmo esquecemos esas lambonadas de sempre que nos sentan de marabilla e que con ingredientes ben sinxelos, saben de medo. Adoro as magdalenas, son moi feitiñas e ademais pódense facer de milleiros de sabores, con froitas, con chocolate, de froitos secos…ás magdalenas todo lles presta! E a nós préstanos moito papalas, non si? A idea inicial era facelas con arandos, mais vendo que xa comezan a asomar as primeiras cereixas, pensei que sempre é moito mellor empregar produtos de tempada, e o certo é que o resultado non pode ser mellor. Imos aló! Continue reading “Magdalenas de cereixa / Cherry muffins”

Nuggets de polo / Chicken nuggets

Nuggets de polo

nuggets

Recoñezo, xa así de principio, que non son moi eu de pedir nuggets en ningún sitio porque, normalmente, sábenme moito a fritido e pouco a polo, e ademais, porque non entendo moi ben iso de picar a carne de polo e engadirlle outras cousas para xuntala de novo e formar os nuggets. Mais un día, despois de ver algún que outro anuncio na tele, pensei: e se probo a facelos eu na casa, sen demasiadas complicacións? Iso si, quería darlle un toque especial, orixinal e que lle dera un sabor diferente ao dun simple polo empanado. Imos aló! Continue reading “Nuggets de polo / Chicken nuggets”

Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes

Croquetas de polo asado

croquetas de polo

As croquetas pasaron de ser un prato para aproveitar as sobras a un prato de seu. As croquetas de polo asado son moi de toda a vida, e é por iso que agora, cando preparo polo asado ao forno, sempre procuro que sobre algo para despois preparar unhas saborosísimas croquetas. Este polo asado levaba tamén cebola, pera e medio vasiño de brandi, e alá foi todo para darlle sabor a estas croquetas. O polo non acostumo a picalo, senón a esfiañalo, así a textura queda moito máis cremosa e as croquetas con moito máis sabor. En canto ao rebozado, dicirvos que leva un ingrediente segredo que as fai súper crocantes, xa o veredes! Imos aló! Continue reading “Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes”

Croque Monsieur & Croque Madame

Croque Monsieur & Croque Madame

croque madame

O croque monsieur e o croque madame son dous dos sanduíches máis saborosos, divertidos, orixinais e cremosos do mundo mundial! Este invento francés fai que o sanduíche mixto de toda a vida pase a ser un auténtico prato gourmet 🙂 E para facelo, só precisamos unha boa bechamel, moito queixo e un toque de forno. A única diferenza entre o monsieur e o madame é que o madame leva ovo, e despois de probalo, quédome definitivamente con este último. Os dous están de vicio, máis o ovo fritido fai que aínda estea maís bo. imos aló! Continue reading “Croque Monsieur & Croque Madame”

Fritos de cabaciña / Zucchini fritters

Fritos de cabaciña

fritos

Hai veces que nos costa pensar que facer para acompañar calquera prato de carne ou peixe. Probamos con ensaladas, verduriñas, patacas, mais de cando en cando apetece variar e probar algo diferente. Estes fritos de cabaciña son o acompañamento perfecto para calquera prato, un petisco moi saudábel ou unha cea lixeira e ben saborosa. Para acompañar a cabaciña, nada mellor que cenoria e un bo anaco de queixo Cheddar 😉 Se queredes facer a versión máis saudábel, podedes obviar o queixo, mais botando un chisco, quedará un prato ben lixeiro e, ao derreterse, daralle un toque moi cremoso aos fritos. En canto ao queixo, xa sabedes que podedes empregar aquel que máis vos guste, a min como me gustan case todos, depende un pouco do que teño pola casa nese momento. Desta vez, tocou Cheddar, mais calquera queixo lle ha quedar ben 😀 Imos aló! Continue reading “Fritos de cabaciña / Zucchini fritters”