Torrradas de té matcha / Match French toast

Torradas de té matcha

Despois da viaxe a Xapón, estaba claro que tocaba unha receita larpeira con té matcha, va que si? No hotel de Kyoto descubrín estas torradas feitas con té verde que nos poñían para almorzar e desde que volvín so tiña antollo de volvelas comer, así que o que me quedaba era preparalas na casa. A receita é moi sinxela e aínda que eu sempre as fago con pan de brioche para que sexan aínda máis lambonas, sempre podedes probar a facelas con pan duro, que tamén estarán boísimas! Imos aló! Continue reading “Torrradas de té matcha / Match French toast”

Torradas de brioche / Brioche French toast

Torradas de brioche

brioche toast

Recoñezo que dende hai pouco non devecía eu moito polas torradas. Máis iso cambiou en canto souben desta receita francesa. O nome orixinal é pain perdu e a maneira de facelas é totalmente diferente á habitual. Moito máis saborosas, con moito menos aceite e mil milleiros de veces máis saborosas! Siii!!! Están boísimas…e deixan un arrecendo por toda a cociña que fai que non poidas parar de comelas! Xa non vos enredo máis e imos ao que hai que ir! Á receita! Imos aló! Continue reading “Torradas de brioche / Brioche French toast”

Tortilla de pan / Bread omelette

Tortilla de pan

image

Hoxe traiovos unha receita de Pascua. Póñovola por adiantado para que teñades todo preparado e a fagades. Pensando nunha lambonada típica galega de Pascua, recordei que miña avoa me tiña contado que ela sempre facía tortilla de pan o Domingo de Pascua. Ás veces, se se podía, tamén se facía para comer tortilla de pataca, e a tortilla de pan tomábase de postre. É unha lambonada ben sinxela e moi saborosa. Así que non hai excusa! Deixade un pouco pan duro para preparar esta saborosa tortilla. Continue reading “Tortilla de pan / Bread omelette”

Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates

Bombóns recheos de doce de leite

image

Fai pouquiño merquei un molde para facer bombóns. Xa había tempo que tiña ganas de mercar un para aproveitar o chocolate que ás veces nos sobra facendo alguna lambonada. Pero xa se sabe, ao ter o molde pola casa, sempre se cae na tentación de usalo para probar alguna nova larpeirada, e deaí saiu a idea de facer estes bombóns.

É certo que para facer bombóns é importante atemperar o chocolate, pero como quería facer unha receita rápida e sinxela, fíxeno sen este paso. Os bombóns convén que queden na neveira durante bastante tempo, dous ou tres días, para que non se derretan nada máis tocalos. Peeero, para os lambonciños coma min, pódense comer unha vez que estean xa fríos e duros, están deliciosos! (Aínda que se desfagan…sempre se poden relamer os dedos, non si?) Imos aló! Continue reading “Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates”