Cuarta Etapa / Fourth Stage: Iruña / Pamplona

Cuarta Etapa: Iruña / Pamplona

Seguimos paso a paso e trabada a trabada polo noso Camiño cara a Compostela e, despois de degustar esa txistorra tan saborosa de Zubiri, paramos en Iruña, capital de Nafarroa. A gastronomía xoga un papel moi importante en toda Navarra e, como ben sabedes, en Pamplona iso non queda atrás. Cando fun alí por primeira vez, unha das lambetadas que máis me fascinou e que me parece unha combinación moi curiosa e, ao mesmo tempo, moi acertada, foron os TXANTXIGORRIS, un doce feito, como o seu nome ben indica, con txantxigorris, que non deixan de ser torresmos. E si, levan torresmos e levan canela e o seu sabor é doutro mundo! Estas tortas de txantxigorris acostuman a prepararse, como é evidente, durante a mata do porco que é cando os torresmos están máis frescos. Para facer os txantxigorris, inspireime na receita de Eva Arguiñano e o resultado gustoume moito. O mellor é ir a Iruña e probalos así, mais se podemos ir preparándoos na casa, polo menos matamos o antollo, non é? Imos aló! Continue reading “Cuarta Etapa / Fourth Stage: Iruña / Pamplona”