Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls

Rolos de carne con verduras

Esta receita de rolos de carne con verduras resulta unha receita moi orixinal, divertida, moi sabedeira e, sobre todo, saudábel! 😀 O tipo de carne empregado ou o recheo pode variar, xa sabedes que o mellor é probar ata atopar a maneira que máis vos guste. Nós acompañamos este prato cunhas patacas ao forno con prebe picante, mais estou segura de que unhas Jacket potatoes habían facer un dos mellores acompañamentos. É un prato moi socorrido e que campa moi ben, xa veredes que sinxelo! Imos aló! Continue reading “Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls”

Canelóns de cabaciña / Zucchini cannelloni

Canelóns de cabaciña

cabaciña

Chega o verán e o bo tempo e a horta énchese de cabaciñas, e cando chegan, veñen todas á vez e medran que dá gusto, así que toca discurrir receitas con elas. A min a verdade é que me gustan de moitas maneiras, recheas, como pizziñas, en carpaccio, en crema, ou como canelóns! Esta receita é moi rápida e sinxela e ademais pode adaptarse a moitísimas dietas: vexetarianos, veganos, paleo, carnívoros…todos! Só teredes que cambiar o recheo e xa está! Sinxelo, verdade? Imos aló! Continue reading “Canelóns de cabaciña / Zucchini cannelloni”