Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars

Barriñas de queixo e nutella

queixo nutella

Se hai dous ingredientes que quedan ben en lambonadas e que, ademais, gustan moito, son a crema de queixo e a nutella. As tortas de queixo son saborosísimas, e son das receitas máis vistas do blogue. E que dicir das larpeiradas que levan nutella, son éxito asegurado. É por iso que estas barriñas son a sobremesa perfecta para triunfar 🙂 O seu paso a paso é moi doado e rápido. A única pega é que hai que agardar un chisco antes de meterlles o dente; e deixalas repousar na neveira antes de probalas. Polo demais, son todo vantaxes. Iso si, ollo con elas, que son moi aditivas 🙂 Imos aló! Continue reading “Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars”

Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake

Cheesecake de nutella

nutella cheesecake

Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló! Continue reading “Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake”

Roliños de nutella / Nutella rolls

Roliños de nutella e froitas

nutella rolls

Unha sobremesa para relamber os dedos e que, ademais, faise en 15 minutiños e con ingredientes deses que sempre temos pola casa. Unha lambonada das boas!!! E iso que lle botamos froita, por iso de compensar 😉 Así que os que teñades kiwis da horta, aproveitade, que á nutella vanlle de medo. E o ben que van as larpeiradas con chocolate agora no inverno, cousa rica 😀 Imos aló! Continue reading “Roliños de nutella / Nutella rolls”

Galletas de nocilla / Nutella cookies

Galletas de nocilla

nutella cookies

Unhas deliciosas galletas con só tres ingredientes: Nocilla (ou nutella), 1 ovo e fariña! Así de sinxelo! 😀 E están boííísimaaaaaas!!! Con esta receita tan molona, non teredes que deixar nunca pasar ese antollo de galletas porque as poderedes facer nun plis! E a quen non lle gustan unhas galletas de chocolate? E se tendes o día ben larpeiro (coma min), podedes, ademais, botarlle uns lacasitos, máis anacos de chocolate, froitos secos…o que queirades! As galletas quedan ben crocantes, se sodes dos que vos gustan máis brandiñas, aquí tendes outra receita. Imos aló! Continue reading “Galletas de nocilla / Nutella cookies”

Dorayakis de Doraemon / Doraemon Dorayakis

Dorayakis de Doraemon

Dorayakis

Non sei vós, pero eu era (e son) unha fan de Doraemon! Encantábame merendar vendo Doraemon na galega cando era pequena, agardando a ver que sacaba do seu peto máxico. E sempre sentin certa curiosidade por probar eses pasteliños polos que devecía o gato cósmico. O certo é que os orixinais están recheos de anko, unha faba doce, pero os de chocolate tamén son moi comúns e están de vicio! E xa que temos a nosa crema de cacao caseira, aproveitaremos para empregala 🙂 Imos aló! Continue reading “Dorayakis de Doraemon / Doraemon Dorayakis”

Crema de cacao caseira / Homemade nutella

Crema de cacao caseira

Homemade nutella

Que boas están as cremas de cacao!!! E por que non probar a facela na casa? Con só 6 ingredientes e en 4 sinxelos pasos, teredes unha crema de cacao caseira que fará que non queirades mercala nunca máis. Ademáis, esta podédela facer ao voso gusto e é máis saudable, sen conservantes nin colorantes! Preparados? Imos aló! Continue reading “Crema de cacao caseira / Homemade nutella”