Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado

Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate

Adoitamos pensar que as receitas máis saudábeis sempre leva máis tempo facelas e, cando temos pouco tempo para cociñar, acabamos facendo un prato de pasta ou de arroz. Esta prato de espaguetes de cabaciña faise en moi pouco tempo, e se tedes algún aparello para cortar as cabaciñas en tiras aínda acabaredes máis axiña. Eu fun co coitelo e aínda así pouco tardei. A crema de aguacate fai que queden uns espaguetes moi cremosos e sabedeiros. Eu aproveitei os ingredientes que tiña de preparar mollo pesto, mais podedes botarlle coandro e non alfábega, ou non botarlle queixo parmesano, se non vos gusta. Iso xa é cuestión de experimentar. Imos aló! Continue reading “Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado”

Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

lasaña

Hai uns anos probamos nun restaurante vexetariano unha lasaña que estaba de vicio. Por suposto non levaba carne, mais non soubemos moi ben que era o que levaba, o que si, é que semellaba carne talmente. Despois dun tempo, descubrimos que tal ingrediente era a soia texturizada, un alimento baixo en graxas, rico en proteínas e cun sabor suave e moi agradábel. Dá ben o pego e, se non cho din, probablemente penses que é carne, polo que podedes aproveitar para facerllo a alguén a ver se é quen de adivinar de que está feita a lasaña. Polo demais, os ingredientes de sempre para facer unha boa lasaña rica rica. Para aquelas persoas que sexan veganas, para facer a bechamel, empregaremos aceite de oliva e leite vexetal; e para botar por riba, ou ben queixo vegano ou ben améndoa picada, que lle queda de luxo. Imos aló! Continue reading “Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna”