Pasta ao vermú / Vermouth & pasta

Pasta ao vermú

Hai receitas que chegan a un de casualidade e resultan ser todo un acerto. Sabendo de onde viña, non tiña dúbida algunha en que estaría boa, mais o resultado sorprendeume aínda máis. A receita é de “El Comidista” e déixovos aquí a ligazón orixinal para que lle botedes un ollo. Eu só a fixen para dous e cos ingredientes que tiña, máis todo o mérito é del 🙂 Gustoume moito esta receita porque para preparala precisamos ingredientes típicos do outono, polo que nesta época están todos no seu mellor momento. Que nunca probastes a botarlle vermú á pasta? Veredes que sabor! Imos aló! Continue reading “Pasta ao vermú / Vermouth & pasta”

Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló! Continue reading “Muhammara”

Biscoito de noces / Nuts sponge cake

Biscoito de noces

biscoito de noces

Este biscoito de noces tráeme moitos recordos. Cando era máis pequerrecha e ía á casa da miña avoa, de cando en cando atopábaa á voltas coas noces para facer un biscoito. E que biscoito máis saboroso! A receita é a receita tradicional que sempre se fixo na miña casa, mais engadindo un vasiño de noces de picadas. Desta vez, como tiña máis froitos secos que noces, fixen unha combinación, mais xa sabedes, probade con aqueles froitos secos que tedes pola casa ou que máis vos gusten. Imos aló! Continue reading “Biscoito de noces / Nuts sponge cake”

Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli

Ravioli de cabaciña

ravioli

Hoxe tráiovos unha receita súper fresca, cremosa e cun sabor suave e intenso. Ademais, faise en 5 minutiños. A cabaciña é un ingrediente moi socorrido na cociña, e xa vedes que se pode empregar para facer unha chea de receitas, e todas moi diferentes. Esta é moi sinxela e o recheo dos ravioli pode variar segundo os ingredientes que teñamos pola cociña ou os que máis nos gusten. Desta vez, o recheo é máis ben clásico, mais un que sempre funciona: queixo gorgonzola, noces e pera. Imos aló! Continue reading “Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli”

Plumas con prebe de queixo azul e noces / Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts

Plumas con prebe de queixo azul e noces

image

Botando un ollo hai uns días pola tenda de comida de Ikea, déronnos na vista uns queixos (como non) que tiñan moi boa pinta, así que, como supoñedes, acabaron na casa! Un deles é un queixo azul ecolóxico con moi boa pinta, e mellor sabor. E aí veu a idea de usalo para facer esta receita. Asi que… Imos aló! Continue reading “Plumas con prebe de queixo azul e noces / Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts”