Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies

Homiños de xenxibre

gingerbread

O certo é que estas galletas con forma de homiños de xenxibre son unha das receitas máis populares e recoñecibles no mundo das receitas de Nadal, mais teño que recoñecer que nunca as probara. Non sabía como serían nin o seu sabor nin a súa textura. E agora que xa as probei, reprobei e requeteprobei, só podo dicir que están BOÍSIMAS!!! Que sabor! Un sabor a caramelo, xenxibre, especias…mmm…unha explosión de sabores no padal que de seguro fará que devezades por elas. Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies”

Panna cotta de turrón / Turron panna cotta

Panna cotta de turrón

panna cotta turron

Cando chegan as paparotas do Nadal, o que menos precisamos é ter que empregar aínda máis tempo en preparar as lambonadas, por iso esta panna cotta de turrón é a sobremesa perfecta para noitevella! Leva un dos ingredientes máis típicos do Nadal, faise nun plis plas, pódese deixar feita do día anterior e está boííísima!!! E se non sodes de facer larpeiradas nesta época, sempre podedes facela para aproveitar ese turrón que acostuma a sobrar 😉 Imos aló! Continue reading “Panna cotta de turrón / Turron panna cotta”

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate branco / White chocolate turron”

Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron

Turrón de chocolate caseiro

Turron chocolate

En canto vexades o rápido e sinxelo que resulta facer o turrón de chocolate na casa e o bo que está, seguro que non o volvedes mercar! Nuns 10 minutiños e cuns ingredientes ben doados de atopar, teredes un turrón de chocolate ao que, ademáis, poderedes engadirlle outros ingredientes que vos gusten e facelo totalmente persoalizado! 🙂 Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron”

Galets recheos / Stuffed galets

Galets recheos

image

Despois de probar os galets nunha sopa por Nadal, e comprobar o boísimos que están, pensei que estaría ben, aproveitando a súa forma de caracois xigantes, rechealos de carne e facer unha especie de canelóns que se poden comer dunha trabada! E así, esquecémonos de ter que andar cortando o canelón ou a lasaña, que ao final, sempre remata a carne por un lado e a pasta polo outro. Perfectos, va que si? Imos aló! Continue reading “Galets recheos / Stuffed galets”

Mini pops de Nadal / Christmas mini pops

Mini pops de Nadal

mini pops

Xa vai quedando cada vez menos para o día de Nadal. E agora que xa andan os pícaros pola casa, temos a receita perfecta para pasar unha tarde larpeira e divertida! 😛 E tamén para os adultos, claro!!!

E cunha receita desas que a min tanto me gustan: sinxela, rápida e mmmm, saborosísima!!! Imos aló! Continue reading “Mini pops de Nadal / Christmas mini pops”