Pizziñas exprés / Quick little pizzas

Pizziñas exprés

Pizzas

Ás veces dános un chisco de nogalla facer as pizzas na casa, por iso de amasar, agardar a que masa levede, darlle forma co rolo de amasar… pois con esta sinxela receita, en só 5 ou 10 minutiños teredes unhas mini pizzas boísimas! Só precisamos masa para facer empanadiñas e os ingredientes que lles queiramos poñer. A que é boa idea? Imos aló! Continue reading “Pizziñas exprés / Quick little pizzas”

Crema de champiñóns / Mushrooms soup

Crema de champiñóns

crema champis

Con este frío o que máis nos apetece son sopas, cremas, cocido, caldo, filloas…mmm! Ás veces dá gusto que veña o frío 😀 E como da crema de cabaciña, da de cabaciña e mazá e da de cabaciño xa vos puxera a receita, decidín probar cos champiñóns, a ver como resultaba. A textura é diferente, porque queda con máis gromos, pero o sabor é moi agradable, intenso e delicioso. Imos aló! Continue reading “Crema de champiñóns / Mushrooms soup”

Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes

Boliñas de trompetas amarelas

cantharellus

Os que me seguides por facebook ou twitter, xa vistes a fermosa cesta de Trompetas amarelas (ou gulas de monte). A mellor maneira de conservar estes cogomelos é deshidratándoos, e así podemos usalos nas nosas receitas todo o ano. Desta vez, probei a facelos en croquetas, e a verdade é que están moi bos. Iso sí, fritos cun chisco de aceite e sal xa están de vicio! 🙂 Imos aló! Continue reading “Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes”

Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza

Pizza cremosa de touciño e pan de sapo*

image

*En galego, os cogomelos coñécense, popularmente, como pan de sapo. O que non sabía eu é que tamén se lle chamaban pan de raposo ou pan de cobra. Coñecedes vós algún nome máis?

Despois do éxito da primeira receita de pizza, aqui vai esta outra. Desta vez, unha receita de pizza cremosiña que está para relamber os dedos! Se vos gustan as pizzas carbonara, esta encantaravos. E, coma sempre, super sinxela. Continue reading “Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza”