Mollo pesto con pistachos / Pesto sauce with pistachios

Mollo pesto con pistachos

pesto con pistachos

Unha das razóns polas que sempre quixen ter na casa unha alfábega é porque tiña moitas ganas de facer pesto caseiro coa miña propia pranta. Despois de varios intentos (semella que isto de ter prantas non é o meu punto forte), por fin conseguín unha fermosa pranta de albábega coas súas follas gordechas, cun verde intenso e un arrecendo incrible. Polo que xa iba sendo hora de preparar un mollo pesto para tomar coa pasta. A receita orixinal é con piñóns, mais tendo en conta que o seu prezo é un chisco elevado e que ademais devezo polos pistachos, decidín facer esta versión máis verde, saborosa e orixinal, que vos parece? Como a pranta aínda é algo pequecha, só lle saquei 10 follas de alfábega, para non deixala sen folla ningunha, polo que a cantidade de follas pode variar segundo as follas de alfábega que teñades. De todas maneiras, recordade que o sabor que aportan é intenso, ide probando pouco a pouco ata que teñades o sabor que máis vos guste. Con 10 follas está de vicio! Imos aló!!!

Ingredientes:

pesto con pistachos

– 70 gramos de pistachos (xa pelados) [uns 150 gramos coa casca]
– 90 ml de aceite de oliva virxe extra
– 35 ml de auga
– 1 dente de allo
– 10 follas de alfábega
– 50 gramos de parmesano picado
– sal e pementa

Preparación paso a paso:

1. Batemos tódolos ingredientes coa batedora ata obter unha masa espesa.

pesto con pistachos

2. Engadimos o parmesano picado e mesturamos ben.

pesto con pistachos

3. Probamos e engadimos sal e pementa ao gusto. E listo!

Eu non lle engadín nada de sal, os pistachos xa eran salgados e o parmesano sempre engade sal, polo que probade antes de engadilo, non vaia ser 🙂 Desta vez empreguei radiatore, un tipo de pasta da marca Garofalo, que non me paga nada por facerlle publi, mais é unha pasta que está moi boa, e ben paga a pena probala. O mollo pesto pódese empregar para outras moitas receitas, coa pasta só hai que engadilo e mesturar ben, mais sobre unha rebanda de pan torrado tamén está de medo, para poñer nas pizzas ou cos espagueti de cabaciña. En fin, que está tan boa que ide con tino de non acabar papándoo a culleradas 😉
Bo proveito!!!

_______________________________________________________

Pesto sauce with pistachios

pesto con pistachos

One of the main reasons I had for having a homegrown basil was making my own homemade pesto but after some unsuccessful tries – it seems that growing plants is not one of my strong points – I had finally my own beautifully grown basil. I love its smell, colour and, of course, flavour. If you can, try and grown your own basil, it’s totally worthy! The original recipe has pine nuts, but they’re quite expensive and I love pistachios, so I decided to make this pistachio version. My plant is still young, and so it does not have many leaves and that’s why I just used 10. But if you want to add more, feel free, that will also depend on the basil flavour you will want to give to the sauce. With 10, the flavour is delicious! Let’s go!

Ingredients:

pesto con pistachos

– 60 gr pistachios (peeled) [around 150 gr unpeeled]
– 90 ml extra virgin olive oil
– 35 ml water
– 1 garlic clove
– 10 basil leaves
– 50 gr ground parmesan
– salt and pepper

Step by step preparation:

1. Process all ingredients until you have a thick paste.

pesto con pistachos

2. Add ground parmesan and mix well.

pesto con pistachos

3. Taste and add salt and/or pepper if needed. And that’s it!

I haven’t added any salt ’cause pistachios were already salted and parmesan cheese has a somehow salty flavour, so before adding more salt, taste it, just in case 🙂 For this recipe, I used ‘radiatori’ a type of pasta made by Garofalo – I’m not paid for making this kind of publicity, it’s just I like it and I recommend it to you – so if you have the chance, give it a try! Besides, pesto sauce can be used in many other recipes, over a slice of toasted bread, on pizzas or with zucchini spaghetti. Anyway, you should try and make it and be careful you don’t end up eating the whole sauce with a spoon 😉
Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.