Mini cheesecakes

Mini tortas de queixo

mini cheesecakes

Encántame o queixo en tódalas súas variedades, e non hai máis que botarlle un ollo ao índice de receitas para ver que xa hai unhas cantas de torta de queixo. Desta vez, a estas mini cheesecakes non lle fixen base de galletas, para tomar como tomamos unha magdalena ou un pastel de Belem. Podemos acompañalas do que queiramos, eu aproveitei a marmelada de amorodos e kiwis, mais con nutella, chocolate, doce de leite ou froita estará igual de saborosa. Ou así, sen nada! 😉 Imos aló! Continue reading “Mini cheesecakes”

Mini tortas de ameixos / Mini plum tarts

Mini tortas de ameixos

Tartaletas

Cando na leira hai unha árbore que ten tantos ameixos que ata as pólas lle chegan ao chan, toca poñerse coas mans na masa e facer algunha receita para aproveitar uns ameixos tan saborosos. Continue reading “Mini tortas de ameixos / Mini plum tarts”

Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo! Continue reading “Mini pizzas”

Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers

Hamburguesiñas de polo

image

Encántanme estas hamburguesas pequeniñas! Son moi cómodas de coller e de comer, e non te pringas nada. Procurei non usar moitos ingredientes e facela o máis sinxela posible, así que agardo que vos guste. Para que vos queden mellor, o ideal é preparalas o día anterior, e deixalas coa forma feita (sen fritir, claro!), así, conservaran mellor a forma e non se vos desfarán nada. Imos aló! Continue reading “Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers”