Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading

Galletas remuiñadas / Pinwheel cookies

Galletas remuiñadas

Hai galletas que saben moi ben, aínda que non teñan unha gran pinta, tamén as hai que teñen unha pinta estupenda, mais non as acompaña moito o sabor, e despois están estas galletas remuiñadas, que son ben feitas e moi saborosas! E, ademais, de dous sabores, de chocolate e de vainilla! E todo, na mesma galleta!!! Os ingredientes, moi sinxelos, e o paso a paso, aínda máis con estes truquiños que vos dou. Han quedar perfectas, xa veredes! Imos aló! Continue reading

Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!! Continue reading

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading