Empanada de mazá / Apple pie

Empanada de mazá

Hai case tantos tipos de torta de mazá como persoas, e a min gústanme todas. Aquí no blogue xa fixemos algunha que outra, como a torta tatin ou a torta de mazá, mais a min faltábame esta receita porque me trae recordos de cando miña nai trae da pastelaría unha empanada de mazá que me gusta moito a pesares de levar canela, que non é algo que adoite gustarme. E o certo é que esta receita saíu das miñas lembranzas, tentando que o resultado final fose o máis semellante a aquela saborosísma empanada. E a verdade é que estou moi satisfeita co resultado e agardo que a probedes e vos guste tanto como a min. Imos aló! Continue reading

Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading

Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló! Continue reading