Pizziñas exprés / Quick little pizzas

Pizziñas exprés

Pizzas

Ás veces dános un chisco de nogalla facer as pizzas na casa, por iso de amasar, agardar a que masa levede, darlle forma co rolo de amasar… pois con esta sinxela receita, en só 5 ou 10 minutiños teredes unhas mini pizzas boísimas! Só precisamos masa para facer empanadiñas e os ingredientes que lles queiramos poñer. A que é boa idea? Imos aló! Continue reading “Pizziñas exprés / Quick little pizzas”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”

Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza

Pizza caseira de queixo de Bama e rixóns

Pizza caseira Continue reading “Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza”