Atún macerado / Marinated tuna

Atún macerado

atún

Ás veces hai quen non merca atún porque non sabe como facer para que non quede seco. Pois aquí vos traio a solución! Se maceramos o atún nun chisco de soia e aceite, estará moi suculento e non quedará seco para nada. O ideal sería pedir ou cortar lombos de atún un chisco máis gordiños, para que non quede forte de máis. Sinxelo a tope, non si? Imos aló! Continue reading “Atún macerado / Marinated tuna”

Berenxenas maceradas á grella / Grilled marinated eggplants

Berenxenas maceradas á grella

eggplant

Se teño que escoller cal é a verdura da horta pola que devezo, escollería sen dúbida algunha a berenxena. Gústanme de case tódalas maneiras, recheas, con mel ou empanadas con pan relado. Desta vez, tráiovos unha receita diferente, mais que de seguro vos vai encantar. Só temos que preparar un macerado que lle dará ás berenxenas un toque especial, distinto, saboroso e adictivo. Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Berenxenas maceradas á grella / Grilled marinated eggplants”