Madalenas de choco branco con arandos / Blueberries and white choc muffins

Madalenas de chocolate branco con arandos

madalenas de arandos

Si, xa me deu polas madalenas! E é que non hai mellor cousa que erguerse pola mañá e meterse no corpo unhas madalenas caseiras. Como xa vos dixen na anterior receita, tiña moita gana de probar a facer madalenas de arandos, mais, coma sempre, acabei engadíndolle un dos meus ingredientes larpeiros favoritos, o chocolate branco. O paso a paso súper sinxelo e o sabor incrible! Fagamos os nosos almorzos moito máis divertidos con estas madalenas! Ademais, non sabedes o ben que se pasa picando os arandos que non abren no forno!!! 😀 Imos aló! Continue reading “Madalenas de choco branco con arandos / Blueberries and white choc muffins”

Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

Magdalenas de cereixa

madalenas de cereixa

Con isto da repostaría moderna, ás veces mesmo esquecemos esas lambonadas de sempre que nos sentan de marabilla e que con ingredientes ben sinxelos, saben de medo. Adoro as magdalenas, son moi feitiñas e ademais pódense facer de milleiros de sabores, con froitas, con chocolate, de froitos secos…ás magdalenas todo lles presta! E a nós préstanos moito papalas, non si? A idea inicial era facelas con arandos, mais vendo que xa comezan a asomar as primeiras cereixas, pensei que sempre é moito mellor empregar produtos de tempada, e o certo é que o resultado non pode ser mellor. Imos aló! Continue reading “Magdalenas de cereixa / Cherry muffins”