Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló! Continue reading “Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots”

Galletiñas de limón / Lemon biscuits

Galletiñas de limón

image

Cando fixen a entrevista para o xornal Sermos Galiza, preguntáronme de onde viña o nome de kukinhas. Kukinhas ven da pronunciacion de cookies /kukis/, e como as kukis son galegas, pois kukinhas. E para facer honra ao nome, unha receita de galletas! 🙂 Coma sempre, sinxelas, rápidas e moi saborosas. Estas quedan cunha textura areosa, estilo galletas danesas. Imos aló! Continue reading “Galletiñas de limón / Lemon biscuits”

Cupcakes de limón / Lemon cupcakes

Cupcakes de limón

image

Dende que me agasallaron co libro de postres da pastelaría Hummingbird Bakery, pasaba as páxinas día si día tamén para ver por cal ía comezar. A decisión xa vos digo que non era nada sinxela, porque me gustan todas, peeero…quen dixo que había que escoller unha soa? Así que nada, facemos unha e despois xa iremos facendo o resto, non si? 🙂 Continue reading “Cupcakes de limón / Lemon cupcakes”