Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake

Biscoito de lima e arandos

Comezo a pensar que son tan seareira dos biscoitos que ao final hei ter que cambiarlle o nome ao blogue 😀 Gústame preparalos porque un dos pequenos praceres dos que máis gozo é almorzar un anaco de biscoito caseiro pola mañán. Aínda que me gustan todas e cada unha das versións de biscoitos que fixen e coñezo, os de froita son de seguro os que máis me enchen o ollo. Fanse máis frescos, máis sabedeiros e ademais, podemos adaptalos ás distintas froitas de tempada e converter unha masa base moi sinxela nun súper biscoito. Desta vez, entre os arandos e a lima teremos un biscoito cun evidente sabor doce, un punto salgado e un intenso sabor cítrico. Non vos enredo máis e imos aló! Xa veredes que marabilla, repetiredes seguro. Continue reading “Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake”

Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake

Biscoito de lima limón

Xa tardaba outra receita de biscoitos, non si? Este biscoito de lima limón xa o fixera na casa noutra ocasión, mais por cousas que pasan, acabei abrindo a porta do forno cando non tocaba, e o biscoito acabou afundido polo medio e non tiña moi boa pinta, a verdade. Iso si, o sabor era espectacular! Así que estaba claro que tocaba repetir! Gústame moito a textura que lle dan os iogures aos biscoitos e así podemos experimentar con diferentes sabores. E coa desculpa de mercar limas para facer o guacamole, agora case sempre anda algunha pola casa, así que xa estaba todo case feito. Imos aló! Continue reading “Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake”