Torta de figos / Fig Tart

Torta de figos

Hai xa un tempo, pedinvos receitas desas que sempre se fixeron na vosa casa para ir poñendo aquí no blogue e poder unha base de datos de receitas galegas e que estas marabillosas lambonadas nunca se perdan! Xabier foi dos primeiros que me enviou varias receitas e, sabendo a miña devoción polos figos, estaba claro que tiña que comezar con esta! Primeiro de todo, moitas grazas a Xabier polas receitas e, sobre todo, por esta, non só por enviala, senón tamén por darme a oportunidade de probar esta torta taaan saborosa!!! Continue reading “Torta de figos / Fig Tart”

Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake

Torta de millo de Guitiriz

torta de millo

Levo uns días que non penso máis que en facer biscoitos para o almorzo…de feito, hoxe pola mañán fixen un combinado de tres biscoitos, xD! Esta torta de millo é pura delicia! En Guitiriz fana dentro dunha pota, cun vasiño e unha pedra no medio para que quede co buratiño, como é tradicional. Así, a torta queda moito maís húmida e esponxosa. Como non temos unha infraestructura tan chula coma a de Guitiriz, fixemos un truquiño de outra maneira para que quedara incriblemente saborosa e suave! Para facer a torta, procurade buscar unha fariña milla o maís munda posíbel para que a textura quede perfecta! Imos aló! Continue reading “Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake”

Galletas con pegada / Thumbprint cookies

Galletas con pegada

thumbprint

Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! Un sabor intenso a chocolate, unha textura coma a do brownie e, por se isto xa fora pouco, cun recheo de chocolate branco e con leite que…mmmm…puro vicio chocolateiro! De feito, estou escribindo a receita con eles ao meu carón e ven un arrecendo…creo que vou coller unha 😉 Imos aló! Continue reading “Galletas con pegada / Thumbprint cookies”

Torta de mel – Medovník – Honey cake

Medovník – Torta de mel

medovník

Cando unha lambona vai de viaxe non pode evitar probar todos aqueles doces que son típicos. Cando fun a Praga xa investigara un chisco sobre lambonadas checas, mais non sempre é doado atopalas. Unha treboada desas que fai historia foi a causante de que esta torta de mel e máis eu tiveramos a sorte de coñecernos 😉 Non é unha sobremesa nin moi sinxela nin moi rápida de facer, mais paga ben a pena adicarlle un chisco de tempo. O máis complexo é o amasado, mais sempre hai algún truquiño que outro para non ter que complicarse de máis 😀 Imos aló! Continue reading “Torta de mel – Medovník – Honey cake”

Galletas da Paz Mundial / World Peace Cookies

Galletas da Paz Mundial

image

Con este nome…quen pode resistirse? Esta receita de galletas de chocolate, cun lixeiro sabor a brownie é unha receita de Pierre Hermé, que aparece nun libro de Dorie Greenspan. En principio, chamábanse galletas Korova, pero o seu sabor fixo que alguén moi agudo afirmara que se todo o mundo puidera gozar dunha ración delas ao día, conseguiríase precisamente iso, a paz mundial. E non imos ser nós menos para contribuír a esta causa, non? 😉 Continue reading “Galletas da Paz Mundial / World Peace Cookies”