Flan cremoso / Smooth creme caramel

Flan cremoso

flan

O certo é que hai unha infinidade de receitas de flan e admite unha chea de sabores que fan que cada un de nós teñamos o noso favorito. Despois de facer o máis clásico, de queixo, de castañas, ou de cabaza, tocaba unha receita que tamén é moi popular, un tipo de flan máis cremoso, cunha textura agarimosa e un sabor suave, mais moi saboroso. Ide con moito ollo, que é moi aditivo! 😀 En só 10 minutiños, deuse boa conta del, e iso que non é pequeno, así que con iso xa vos digo todo. Imos aló! Continue reading “Flan cremoso / Smooth creme caramel”

Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete

bars

O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes principais son a crema de cacahuete e o chocolate, xa vos digo todo, non? 😀 Estas barriñas están moi ricas, e aínda que para tomar con moderación, ao levar chocolate negro e a crema de cacahuete caseira, non é tan pouco saudábel 😉 Imos aló! Continue reading “Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars”

Galletas de tona / Cream biscuits

Galletas de tona (receita tradicional)

image1

Encántanme as galletas de tona!!! Todas! Mais desta vez, quixen facer a receita da maneira máis tradicional posible. Para iso, merquei dous litros de leite cru O Alle, e fixen a tona na casa. O proceso é sinxelísimo, e paga tantísimo a pena polo seu incrible sabor, que volo recomendo un montón! O leite cru pódese mercar na Praza de Abastos de Santiago ou en tendas como La Fromaxerí (na rúa de San Pedro) ou en A Cesta da Saúde (en Ramón Cabanillas). Imos aló! Continue reading “Galletas de tona / Cream biscuits”