Nevadiños

Nevadiños

E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes que leva, ben pode comezar a selo 🙂 Quen non ten graxa de porco na casa, ou un bo viño branco? Pois pouco máis nos fai falta, xa veredes! O resultado, unhas ‘galletas’ crocantes, manteigosas, e cun punto doce e salgado, que a min, particularmente, encántame! O paso a paso é taaan sinxelo que estou segura de que unha vez que o vexades, non vos poderedes resistir a preparalos. E aínda menos a comelos! Imos aló! Continue reading

Dutch baby pancakes

Dutch baby pancakes

Que cousa máis saborosa! Mira que ten boa pinta, mais non me pensaba eu que ía estar taaan rica! Aínda a podo saborear e non me resisto a coller outro anaco. Mágoa que cada vez quede menos! 😀 Que sabor, que textura! Esta Dutch baby pancake recórdame moito ás crepes flamexadas, pois ten unha textura de crepe húmida e un sabor a vainilla que está de vicio!!! E sabedes o mellor de todo? De seguro que tódolos ingredientes que fan falta para preparala os tedes agora mesmo na casa. E…prepárase en 20 minutos!!! O único inconveniente e a razón básica pola que aínda non a preparara na casa é que para preparala precisamos unha tixola que se poida meter no forno. Agora son ben sinxelas de atopar, e xa só por preparar esta marabilla, paga ben a pena!!! Continue reading

Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading

Flores de Entroido / Carnival flowers

Flores de Entroido

Repasando tódalas lambetadas típicas de Entroido que xa tiña feitas, decateime de que poucas me quedaban por facer (e mira que hai abondo!) Unha delas son estas flores. A miña nai contoume que na súa casa facíanas cando era pequena. Normalmente acostumaban a facer as follas de limoeiro, mais de vez en cando, tamén empregaban este molde tan curioso que fai estas flores que teñen un sabor entre as follas de limoeiro e as orellas. A receita non ten ciencia ningunha e os ingredientes son deses que sempre temos pola casa. O máis complicado da receita é conseguir o molde, e nesta época xa se comezan a ver polas tendas. Ou se non, sempre o podedes pedir emprestado, que así foi como fixen eu 😀 Imos aló! Continue reading

Rosquillas fritidas / Fried doughnuts

Rosquillas fritidas

rosquillas

Pensando en receitas galegas para seguir ampliando o receitario, decateime que aínda non tiña a receita das rosquillas. E como iso non podía ser, comezou a miña pesquisa para atopar unha boa receita rosquilleira. O primeiro que fixen foi falar con miña nai e preguntarlle como as facía ela. E grazas a iso descubrín un pequeno grande tesouro que me encheu de ledicia. Garda miña nai un receitario pequeno que miña avoa escribiu hai uns 50 anos. E entre as receitas, esta receita de rosquillas que a continuación vos escribo. Eu fíxena tal e como poñía a miña avoa (e así vola poñerei aquí), sen variar nada e saíron unhas rosquillas boísimas!!! D Continue reading

Biscoito de noces / Nuts sponge cake

Biscoito de noces

biscoito de noces

Este biscoito de noces tráeme moitos recordos. Cando era máis pequerrecha e ía á casa da miña avoa, de cando en cando atopábaa á voltas coas noces para facer un biscoito. E que biscoito máis saboroso! A receita é a receita tradicional que sempre se fixo na miña casa, mais engadindo un vasiño de noces de picadas. Desta vez, como tiña máis froitos secos que noces, fixen unha combinación, mais xa sabedes, probade con aqueles froitos secos que tedes pola casa ou que máis vos gusten. Imos aló! Continue reading