Sándwich tricolor / Tricolour sandwich

Sándwich tricolor

Encántanme os sándwiches! Adoitan estar de vicio, prepáranse nun plis e ademais, pódense facer de case calquera cousa que teñamos pola cociña. Iso si, ás veces costa pensar que botarlle para dar coa combinación perfecta e que saiban ben. Este sándwich de tres cores descubrino grazas á miña recente paixón pola gastronomía de Korea, e foi un acerto total! Eu probei a facer dúas versións, a orixinal, con xamón cocido, e unha con salmón afumado, que resultou estar aínda máis saborosa!!! 😀 Se queredes facer unha versión sen carne e sen peixe, cambiaremos o xamón e o salmón por tomate picado, está suuuper rico!!! Se vos atrevedes a preparar este sándwich, de seguro que non vos ides arrepentir! É moi suave, case non hai que mastigar e faise moi cremoso, xa veredes! Imos aló! Continue reading