Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló! Continue reading “Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots”

Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi

Panna cotta con kiwi

Panna cotta kiwi

Que ganas tiña de facer panna cotta!!! E máis así, con chocolate branco e kiwi 🙂 É unha lambetada moi saborosa e que se pode facer nuns sinxelos e rápidos pasos. E a combinación kiwi e chocolate branco, mmm, para repetir e repetir. Imos aló! Continue reading “Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi”

Marmelo caseiro / Home-made quince jelly

Marmelo caseiro

image

Dende que mercamos o marmeleiro, o de facer o doce de marmelo na casa convertiuse xa nunha tradición! O marmeleiro é aínda pequecho, pero non vos podedes imaxinar que marmelos ten, ata o punto de ter que andar con moito tino para que non lle rompan as ramas. Pena non terlle sacado algunha foto para ensinárvola, pero algún deles pesaba ata 660 gramos! (Dentro de pouco sacareille unha foto ao marmeleiro para que o vexades). Continue reading “Marmelo caseiro / Home-made quince jelly”