Joulutorttu

Joulutorttu

Despois de irmos cara Alemaña coas galletas Spritzgebäck, e a Italia para facermos o Panettone, volvemos cara o norte para preparar os Joulutorttu. Estas pequenas lambonadas con forma de muíño son típicas de Finlandia e prepáranse polo Nadal, de aí o nome, torta de Nadal. A receita é moi sinxela e, ademais, podemos facer uns truquiños para que sexa aínda máis rápida. A marmelada tradicional dos joulutorttu é a marmelada de ameixo morado. Unha mágoa que este ano non fixera marmelada caseira con tódolos ameixos que había na leira 🙂 Polo que se vos pasa coma min, non vos gusta, ou tendes algunha marmelada caseira doutro sabor, podedes empregala perfectamente, pois os joulutorttu saberán de vicio igualmente. Continue reading “Joulutorttu”

Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad

Ensalada de queixo de cabra e framboesa

O tempo anda medio revolto, mais nestes días de calor, que xa tivemos abondo, apetece cociñar pratos fresquiños e as ensaladas son sempre moi socorridas. Ademais, pódense facer combinacións infinitas cos ingredientes que máis vos gusten, ou con aqueles que estean de tempada. Desta vez, fixemos un aliño moi especial para aproveitar a saborosísima marmelada de framboesas do Pazo de Vilane. O resultado, espectacular e a pinta incrible! Se vos gustan as ensaladas cun punto lambonciño, esta é a vosa 😉 Imos aló! Continue reading “Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad”

Marmelada de kiwi e amorodo / Kiwi & strawberry jam

Marmelada de kiwi e amorodo

kiwi strawberry jam

Aínda andan kiwis pola casa despois da colleita tan boa deste ano, e xa había tempo que me rondaba pola cabeza a idea de poñer unha receita de marmelada no blogue. Máis para non facer a marmelada só de kiwis, ocorreuseme a idea de facela xunto con amorodos, que xa comezan a asomar, tan vermellos coma sempre, no medio de tanto verde. Aproveito tamén para explicarvos como esterilizar os tarros e pechalos ao baleiro. Imos aló! Continue reading “Marmelada de kiwi e amorodo / Kiwi & strawberry jam”

Marmelo caseiro / Home-made quince jelly

Marmelo caseiro

image

Dende que mercamos o marmeleiro, o de facer o doce de marmelo na casa convertiuse xa nunha tradición! O marmeleiro é aínda pequecho, pero non vos podedes imaxinar que marmelos ten, ata o punto de ter que andar con moito tino para que non lle rompan as ramas. Pena non terlle sacado algunha foto para ensinárvola, pero algún deles pesaba ata 660 gramos! (Dentro de pouco sacareille unha foto ao marmeleiro para que o vexades). Continue reading “Marmelo caseiro / Home-made quince jelly”