Irish Boxty

Irish Boxty

boxty

Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. Non sabía moi ben como sería o sabor, porque eu sonvos moito de probar así ao tolo, sen saber como saberán os pratos. Iso si, en canto lle dei a primeira trabada…mimadriña!!! Non imaxinaba que estiveran tan boas! Que sabor, que textura! Puro vicio!!! Creo que me sería imposible dicir os ingredientes que leva polo sabor que ten despois! A min recordoume ás filloas, mais isto xa é cuestión de opinións. Non vos enredo máis e imos ao choio! Imos aló! Continue reading “Irish Boxty”

Tortiñas irlandesas tradicionais / Irish traditional pancakes

Tortiñas irlandesas tradicionais

image

Xa levaba máis dunha semana con gana de facer (e comer) tortitas, pero andaba agardando a ter entre mans esta receita que nos dera o profesor de Costumes e tradicións das Illas Británicas, en Filoloxía Inglesa. É unha receita sinxela e tradicional, e non leva azucre, polo que, acompañado de froitas, de compota de mazá ou de chocolate sen azucre, fará as delicias de calquera larpeiro que non poida tomar azucre! Continue reading “Tortiñas irlandesas tradicionais / Irish traditional pancakes”

Torta de Guinness / Guinness Cake

Feliz día nacional da torta a todos!!!

image

Vale, en realidade é o día nacional da torta nos Estados Unidos, pero que mellor que coller as boas costumes, non? 😉

E para celebralo, propóñovos esta receita de torta de cervexa Guinness, que está para lamber os dedos!

Continue reading “Torta de Guinness / Guinness Cake”