Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake

Biscoito de lima limón

Xa tardaba outra receita de biscoitos, non si? Este biscoito de lima limón xa o fixera na casa noutra ocasión, mais por cousas que pasan, acabei abrindo a porta do forno cando non tocaba, e o biscoito acabou afundido polo medio e non tiña moi boa pinta, a verdade. Iso si, o sabor era espectacular! Así que estaba claro que tocaba repetir! Gústame moito a textura que lle dan os iogures aos biscoitos e así podemos experimentar con diferentes sabores. E coa desculpa de mercar limas para facer o guacamole, agora case sempre anda algunha pola casa, así que xa estaba todo case feito. Imos aló! Continue reading “Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake”

Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce

Faláfel con prebe de iogur

faláfel

Xa había tempo fixera unha receita de faláfel (alá polo 2013 – faláfel ao curry), mais tiña moita gana de volvela poñer cambiando un chisco os ingredientes, agora que xa me volvín algo máis experta na cociña 🙂 Como novidade, empregamos un dos ingredientes máis de moda, ademais de herbas aromáticas como o coandro e a menta, que lle dan un toque exótico e fresco. Para acompañar, un prebe moi saboroso, saudábel e rápido, un prebe de iogur que vai de marabilla para darlle un toque fresco ao faláfel. Imos aló! Continue reading “Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce”

Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait

Vasos de iogur e cereixas

yoghurt cherry

Chegou a calor e chegou con ganas! E cando ven, devecemos por pratos e sobremesas fresquiñas. Estes vasiños son do máis sinxeliño que hai. Con só uns poucos ingredientes frescos e naturais, teremos unha sobremesa ou un almorzo de 10. Estes vasos, ademais, son moi saudábeis e, para facelos, non precisaremos nadiña de azucre. A única lambonada son esas dúas cereixas recheas que vedes na imaxe. Recheas? Sisi, están recheas! Non agardes máis e bótalle un ollo á receita, xa verás que divertida e saborosa! Imos aló! Continue reading “Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait”