Nevadiños

Nevadiños

E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes que leva, ben pode comezar a selo 🙂 Quen non ten graxa de porco na casa, ou un bo viño branco? Pois pouco máis nos fai falta, xa veredes! O resultado, unhas ‘galletas’ crocantes, manteigosas, e cun punto doce e salgado, que a min, particularmente, encántame! O paso a paso é taaan sinxelo que estou segura de que unha vez que o vexades, non vos poderedes resistir a preparalos. E aínda menos a comelos! Imos aló! Continue reading

Cottage Pie

Cottage Pie

Ata o de agora, cando ía de viaxe, sempre mercaba un marca-páxinas, e a verdade é que xa levo unha chea deles dende que comecei a colección, moitas veces grazas a amigos e familia que tamén me traen cando van de viaxe. Mais hai un tempo que tamén recibo e merco libros de cociña que falen sobre receitas típicas do sitio no que estou. Cando fun a Londres durante a Pascua, dei cun marabilloso libro que, ademais de ter unhas ilustracións moi fermosas, ten unhas receitas típicas inglesas con ingredientes naturais, da horta e da granxa, que son cos que eu máis gozo. O libro chámase: The Great British Farmhouse Cookbook e está escrito por Sarah Mayor. En canto o abrín, souben que a primeira receita que faría sería esta. A Cottage Pie ven sendo un prato moi sinxelo, basicamente carne e patacas, polo que se a materia prima é boa, o resultado ten que ser espectacular. Eu fixen a miña propia versión apta para vexetarianos, mais se sodes máis de carne, xa vos direi como facer a receita orixinal. Continue reading

Croquetas de rixóns e queixo / Pressed cracklings and cheese croquettes

Croquetas de rixóns e queixo

Encántanme os rixóns!!! E a miña tía fainos taaan ben! Os rixóns son destas cousas que hai que facer con tempo e con cariño para que saian ben. E estes rixóns, de tempo, paciencia e agarimo é do que máis levan. Para min son os máis saborosos do mundo e o certo é que nunca probei outros que me souberan tan ben. A mín gústanme de moitas maneiras, na pizza, coas filloas, cun anaco de pan ou así, sen nada máis. Desta vez, quixen probar a facelos en croquetas cun anaco de queixo e a verdade é que o resultado é impresionante! Unhas croquetas cun sabor intenso, e cunha textura crocante por fóra e súper suave por dentro! Sen máis lío, imos aló! Continue reading

Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

Revolto de grelos

Despois das enchentas de Nadal, o corpo xa pide voltar a comer coma sempre e deixarse de tanta paparota. O frío por fin chegou e apetecen pratos quentiños. Iso si, que non nos dean moito traballo, que xa pasamos tempiño abondo na cociña nas festas, e non? Este revolto de grelos é un prato deses que se fai tan rápido e sabe taaan ben que eu xa estou pensando en facelo de novo, que hai que darlle saída aos greliños da leira 😉 E, coma sempre vos digo, probade con outros ingredientes que a vós vos gusten, eu empreguei os que tiña a man e quedou ben saboroso! Imos aló! Continue reading

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading

Bunyols

Bunyols

bunyols

Hoxe tráiovos unha receita catalana típica da cuaresma. Aínda que na Galiza tamén acostumamos a facer chuliñas, o certo é que a preparación destes bunyols é ben diferente, e é por iso polo que deixo o nome en catalá, para que non haxa confusión coas nosas chulas. A receita é, coma sempre, sinxela e rápida, e non quedan nada aceitosos. E os ingredientes son deses que sempre temos pola casa, polo que é unha receita moi socorrida para cando queremos facer unha sobremesa sen ter que mercar moitos ingredientes diferentes. Imos aló! Continue reading