Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló! Continue reading “Muhammara”

Receita rápida: Hummus / Quick recipe: Hummus

Hummus

image

Unha receita de Hummus moi sinxela. Sen complicarse demasiado cos ingredientes e que está moi boa! Non é a receita tradicional, posto que non empregaremos nin tahini nin limón, pero engadirémoslle curry para darlle un toque especial, que lle dará un gusto estupendo! 🙂 Imos aló! Continue reading “Receita rápida: Hummus / Quick recipe: Hummus”