Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol

roliños de contrasol

Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non si? A receita é ben sinxela e ideal para facer un prato moi saudábel e ben nutritivo, con moitas verduriñas e ademais infinitas combinacións. O mellor destes roliños é que para facelos podemos empregar verduras de tempada para que estean sempre no seu mellor punto. Aquí vos deixo unha das versións que fixen estes días, mais xa sabedes, a cuestión é probar e probar ata atinar coa combinación que máis vos guste. Imos aló! Continue reading “Roliños contrasol / Rainbow pinwheels”

Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi

Ñoques de berenxena

image11

Rondaba pola miña cabeza dende hai uns días a idea de facer ñoques caseiros. Da primeira vez, fíxenos recheos de queixo azul e nesta ocasión a idea era facer uns ñoques de pataca sen maior complicación. Mais o caso foi que cando me puxen coas mans na masa e abrín a neveira, vin que tiña unhas cantas berenxenas da horta, así que pensei: por que non de berenxena? E así xurdiu esta tola idea cun resultado verdadeiramente brutal e para relamber o prato! Continue reading “Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi”

Bastóns de cabaciña / Zucchini fries

Bastóns de cabaciña

bastóns de cabaciña

Cando chega a épocas das cabaciñas na leira, isto é un non parar. E veña cabaciñas e cabaciñas, e non te despistes moito, que senón medran a cachón e xa se poden chegar a considerar armas 😉 Así que chegada esta época, o que me toca é discurrir receitas, e discúrroas con gana, a verdade, porque gústacheme ben a versatilidade da cabaciña. Todo lle acae ben. Hoxe faremos uns bastonciños de cabaciña ao forno, para que sexan máis saudábeis e moooi saborosos! Imos aló! Continue reading “Bastóns de cabaciña / Zucchini fries”