Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron

Turrón de chocolate caseiro

Turron chocolate

En canto vexades o rápido e sinxelo que resulta facer o turrón de chocolate na casa e o bo que está, seguro que non o volvedes mercar! Nuns 10 minutiños e cuns ingredientes ben doados de atopar, teredes un turrón de chocolate ao que, ademáis, poderedes engadirlle outros ingredientes que vos gusten e facelo totalmente persoalizado! 🙂 Imos aló! Continue reading

Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel

Falafel ao curry

image

Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. Como? Que non se cocen os garavanzos? Sí, iso mesmo pensei eu. Pero o certo é que na receita orixinal os garavanzos non se cocen, só se poñen a remollo. E funciona, si,si, e tanto que funciona! Imos aló!

Continue reading

Marmelo caseiro / Home-made quince jelly

Marmelo caseiro

image

Dende que mercamos o marmeleiro, o de facer o doce de marmelo na casa convertiuse xa nunha tradición! O marmeleiro é aínda pequecho, pero non vos podedes imaxinar que marmelos ten, ata o punto de ter que andar con moito tino para que non lle rompan as ramas. Pena non terlle sacado algunha foto para ensinárvola, pero algún deles pesaba ata 660 gramos! (Dentro de pouco sacareille unha foto ao marmeleiro para que o vexades). Continue reading