Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes

Tortiñas con arandos

Gústame moito facer tortiñas pola mañá durante as fins de semana. Son unha boa alternativa a outras lambonadas, enchen o bandullo, e non teñen por que ser pouco saudábeis. De feito, aquí no blogue xa temos unhas cantas que están moi boas e non levan nin azucre, nin fariñas, nin manteigas… Desta vez, tampouco levan fariña, mais si arandos, que lle quedan de vicio! E algún que outro ingrediente segredo que fai que teñan un sabor estupendo, sen ter que sacrificar moito a saúde 😉 Imos aló! Continue reading “Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes”

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading “Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse”

Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló! Continue reading “Chips de alcachofa / Artichoke chips”

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras

wok de verduras

Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos truquiños que, ademais, fan que a verduras conserven tódolos seus nutrientes. Non vos fago agardar máis e imos aló! Continue reading “Wok de verduras / Veggies stir-fry”

Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol

roliños de contrasol

Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non si? A receita é ben sinxela e ideal para facer un prato moi saudábel e ben nutritivo, con moitas verduriñas e ademais infinitas combinacións. O mellor destes roliños é que para facelos podemos empregar verduras de tempada para que estean sempre no seu mellor punto. Aquí vos deixo unha das versións que fixen estes días, mais xa sabedes, a cuestión é probar e probar ata atinar coa combinación que máis vos guste. Imos aló! Continue reading “Roliños contrasol / Rainbow pinwheels”

Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi

Ñoques de berenxena

image11

Rondaba pola miña cabeza dende hai uns días a idea de facer ñoques caseiros. Da primeira vez, fíxenos recheos de queixo azul e nesta ocasión a idea era facer uns ñoques de pataca sen maior complicación. Mais o caso foi que cando me puxen coas mans na masa e abrín a neveira, vin que tiña unhas cantas berenxenas da horta, así que pensei: por que non de berenxena? E así xurdiu esta tola idea cun resultado verdadeiramente brutal e para relamber o prato! Continue reading “Ñoques de berenxena / Aubergine gnocchi”