As 10 receitas máis vistas de 2017 / The top 10 recipes of 2017

As receitas máis vistas do 2017

Aquí estamos de novo en plenas festas de Nadal para seguir falando de lambonadas e como a este ano 2017 xa lle vai quedando pouco, facemos balance das receitas máis vistas para que as teñades todas xuntiñas. A verdade é que me alegra saber que vos gustan receitas de moitos tipos, sabores e con ingredientes moi diferentes, iso quere dicir que como galegas e galegos que somos, somos ben lambonas e lambóns, non si? Se aínda non vos animastes a preparar ningunha receita do blogue, botádelle un ollo a estas más vistas do 2017, que por algo están nesta listaxe! Comezamos coa receita que queda na posición número 10 Continue reading

Hamburguesa Italia / Italy burger

Hamburguesa Italia

Despois do éxito da Hamburguesa Kukinhas, tocaba experimentar con novos ingredientes para conseguir outra hamburguesa ben sabedeira. Para facela, empregamos ingredientes que todos asociamos coa cociña italiana e que casan todos moi ben! Ademais, ao preparar a hamburguesa, empregamos tamén especias cun toque italiano para que cada trabada nos trasladara por completo a Italia. Agardaba que o seu sabor fora incrible, mais o resultado aínda me sorprendeu máis! Con esta súper receita, nunca volveredes tomar unha hamburguesa aburrida cos ingredientes de sempre. E aínda hai máis receitas por vir! Continue reading

Hamburguesa Kukinhas / Kukinhas burger

Hamburguesa Kukinhas

Recoñezo que aínda lle dei unhas cantas voltas a isto do nome da receita de hamburguesa. E xa, xa sei que non quedou moi orixinal, mais como non sabía xa que poñerlle, púxenlle o nome do blogue e listo! Gústame moito preparar receitas de hamburguesas diferentes. Non son moi do pan de hamburguesa, todo queda dito, e se vos pasa coma min, mercade unhas boas boliñas de pan do país que sempre lle dan un toque rústico, un incrible sabor e aguanta moito máis, moi importante para que a nosa hamburguesa non acabe desfeita por todo o prato. Non é que as hamburguesas sexan un prato moi saudábel, mais tampouco é que sexan o peor de peor, sobre todo se as facemos na casa. Desta vez, botei unha ollada pola neveira e aquí está o resultado. Penso repetir, así que non foi mal de todo o experimento! Imos aló! Continue reading

Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers

Hamburguesas de tenreira recheas de queixo

cheese burgers

Despois de dúas receitas de hamburguesas vexetais, xa ía tocando unha receita de hamburguesa de carne.E para darlle un toque diferente, van recheas de queixo. A receita é ben doada, e o resultado é saborosísimo! E a pinta…vaia, xa se ve na foto, non? 😀 Eu acompañeina de cebola, leituga de folla de carballo e rúcula. Imos aló! Continue reading

Hamburguesas de berenxena / Aubergine burgers

Hamburguesas de berenxena

hamburguesa berenxena

Despois do Nadal, convén coidar un pouco o menú, por iso de recuperar folgos para poder seguir tomando lambonadas 🙂 E estas hamburguesiñas de berenxena son moooi sinxelas e moooi saborosas! Se as facedes, xa vos digo que repetides seguro! Máis sinxelas non poden ser e os ingredientes xa vedes que poucos son, non levan ovo, son saudables…que? Xa vos convencín? Aínda non? Pois o mellor de todo es que están de medo!!! Imos aló! Continue reading

Pan de hamburguesa caseiro / Homemade burger bun

Pan de hamburguesa caseiro

pan hamburguesa

Outra das vantaxes de ter un blogue é que coa chegada do Nadal cae algún que outro agasalliño para poder facer novas receitas e ensinárvolas por aquí. Un dos agasallos foi un kit para facer hamburguesas na casa, tanto o pan coma o recheo. Xa vos adianto que con esta receita (que viña dentro do kit, aínda que algo cambiada por min) pódese facer tanto cos moldes coma sen eles, polo que non tedes que ter medo de intentalo. Así que…imos aló! Continue reading