Granadas ao viño / Pomegranates with wine

Granadas ao viño

granadas

Despois das paparotas do Nadal, que mellor que unha sobremesa lixeira e con produtos de tempada. A granada é unha froita moi saborosa e nutritiva, e das moitas cualidades do viño xa nin falamos, que son de todos ben coñecidas. Ademais, aproveito para deixarvos un pequeno kukitruquiño para despolpar a granada a lume de carozo e sen complicacións. Imos aló!

Ingredientes:

– 4 granadas
– 2 vasos de viño tinto
– 4 culleradas de azucre
– 1 pau de canela

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as granadas á metade, abrímolas un chisco coas mans para que os grans se solten un chisco e agora só temos que coller unha culler e mallar na granada como se fora o noso peor inimigo 😉
Saen os graniños que dá xenio velos, xa veredes!

granada

granada

2. Botamos o viño, o azucre e a canela no cazo e poñémolo ao lume ata que o azucre se disolva e estea ao voso gusto. É dicir, se o queredes con máis ou menos alcol, deixarédelo ferver máis ou menos tempo. Deixamos que arrefríe.

granadas

3. Mesturamos os grans da granada e a mestura de viño e deixamos que repouse durante, como mínimo, dúas horas. E listo!

granadas

Cando o vaiamos servir, só temos que engadir un chisquiño máis de azucre por riba. Xa vedes que é unha sobremesa xenial, sinxela, rápida e moi saborosa. Quen se apunta a esta receita de granada tan deliciosa?

__________________________________

Pomegranates with wine

granadas

Ater so many dinners at Christmas, this sweet but healthy recipe is an excellent one! Pomegranates are now at their best, high quality, great flavour and really nutritious. And as far as wine is concerned, we all know how healthy, delicious and full of vitamins wine is. Besides, you will learn a very useful kukitip to deseed pomegranates in just a few seconds. Let’s go!

Ingredients:

– 4 pomegranates
– 2 cups red wine
– 4 tbsp sugar
– 1 cinnamon stick

Step by step preparation:

1. Cut pomegranates in half, open it a bit with your hands, so seeds separate from the skin. Now, take a spoon and hit the pomegranate. You will see the seeds falling like snow in winter. So easy, right?

granada

granada

2. In a pot, add wine, sugar and cinnamon. Bring to a boil until sugar is dissolved and you like the flavour. Depending on the amount of alcohol you want your wine to have, you’ll boil it for more or less time. Allow to cool.

granadas

3. Mix wine and seeds and allow to settle for at least 2 hours. And that’s it!

granadas

When they are ready, top it with some extra sugar. As you can see, it’s easy, quick, healthy and delicious! Who’s in for these drunk and tasty pomegranates?

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.