Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: NAVARRA

Navarra é un paraíso natural, tinguida de verde, con recunchos cheos de historia e sitios de bo comer. Aquí explicareivos un pequeno itinerario para facer por Navarra, sempre facendo fincapé no aspecto gastronómico, que para iso estamos. Pasaremos por Iruña, Urdax e Lizarra, tres sitios moi fermosos e onde se pode lambonear de moitas maneiras. As propostas gastronómicas son moi distintas e para tódolos petos, sempre procurando probar pratos e produtos típicos. Comezamos a nosa viaxe gastronómica por Navarra. Imos aló! Continue reading “Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip”

Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica a Carcassonne

Xa había tempo que non facía un artigo sobre unha viaxe gastronómica. Ás veces resulta complexo recomendar sitios porque aqueles que levas en mente non resultan como agardabas; mais desta vez, como xa repetía, xa tiña un chisco máis de idea. Coma case sempre, déixovos dúas propostas gastronómicas de prezos distintos para tódolos petos e tódolos padais 😉 Iso si, ámbalas dúas moi recomendábeis! Eu devezo pola cociña francesa e en Carcassonne pódense probar produtos moi variados e moi saborosos. Xa veredes! Non vos lío máis e imos ao tema! Continue reading “Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip”

Viaxe gastronómica – LISBOA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: Lisboa

Lisboa

Se algunha vez tivestes a ocasión (e a sorte) de visitar Lisboa, saberedes que se cumple moito e ben o dito de que quen non veu Lisboa, non veu cousa boa. Non sei dicir que é o que me gusta máis de Lisboa, se a amabilidade dos lisboetas (e dos portugueses, en xeral), se porque me sinto coma en Galiza, se pola súa fermosura, se pola súa tranquilidade…supoño que por todo iso, e moito máis. Os milleiros de maneiras de cociñar o bacallau, os saborosísimos “secretos de porco preto” ou os sempre larpeiros pastéis de Belem fan que Lisboa non só entre ben polos ollos, senón tamén polo padal e, por suposto, polo corazón. Continue reading “Viaxe gastronómica – LISBOA – Gastronomic trip”

Viaxe gastronómica – OSLO – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: Oslo

Oslo

Son un desastre para escribir sobre estas cousas, pero cando unha vai de viaxe sempre se agradece ter a alguén que che recomende algún sitio onde comer ben e, a poder ser, barato. E isto complícase algo máis en Oslo, unha das cidades máis caras do mundo. Eu falareivos de tres locales que me gustaron e que teñen unha boa relación calidade-prezo: un italiano, un de crepes e outro de comida típica norueguesa. Continue reading “Viaxe gastronómica – OSLO – Gastronomic trip”