Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica a Carcassonne

Xa había tempo que non facía un artigo sobre unha viaxe gastronómica. Ás veces resulta complexo recomendar sitios porque aqueles que levas en mente non resultan como agardabas; mais desta vez, como xa repetía, xa tiña un chisco máis de idea. Coma case sempre, déixovos dúas propostas gastronómicas de prezos distintos para tódolos petos e tódolos padais 😉 Iso si, ámbalas dúas moi recomendábeis! Eu devezo pola cociña francesa e en Carcassonne pódense probar produtos moi variados e moi saborosos. Xa veredes! Non vos lío máis e imos ao tema! Continue reading “Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip”

Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló! Continue reading “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves”

Pastéis de Nata / Custard Tarts

Pastéis de Nata (ou de Belem)

Pastéis de nata

Ás veces teño tantas ideas de lambonadas na cabeza que non sei por onde empezar, e se vos digo que levo xa tempo querendo facer os pastéis de nata, seguro que o puxen dalgunha receita máis 🙂 Teño pendente na próxima viaxe a Portugal mercar as “forminhas” para que queden coma os orixinais; desta vez, fíxenos no molde das magdalenas, e aínda que non quedaron coa mesma forma, teñen un sabor incrible!!! De feito, pelei a boca de querer probalos nada máis sair do forno, hihihi. Sinxelos, saborosos e riquiños, que máis se pode pedir? Imos aló! Continue reading “Pastéis de Nata / Custard Tarts”

Twitter! Kukinhas

Twitter! kukinhas

Twitter!

Bótalle un ollo ao noso twitter, só tes que premer na palabra twitter, e se non queres perder ningunha novidade, segue o blogue!

Have a look at our twitter and don’t lose any news! Just click on Twitter and follow it!

Leite de paxaro / Bird’s milk

Leite de paxaro

IMG_1486

Paseando polo mundo, un descubre interesantes curiosidades gastronómicas. O leite de paxaro resulta ser unha desas que sorprende, e non só polo seu nome, senón polo seu sabor. Continue reading “Leite de paxaro / Bird’s milk”