Galletas remuiñadas / Pinwheel cookies

Galletas remuiñadas

Hai galletas que saben moi ben, aínda que non teñan unha gran pinta, tamén as hai que teñen unha pinta estupenda, mais non as acompaña moito o sabor, e despois están estas galletas remuiñadas, que son ben feitas e moi saborosas! E, ademais, de dous sabores, de chocolate e de vainilla! E todo, na mesma galleta!!! Os ingredientes, moi sinxelos, e o paso a paso, aínda máis con estes truquiños que vos dou. Han quedar perfectas, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Galletas remuiñadas / Pinwheel cookies”

Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS! Continue reading “Galletas da fortuna / Fortune cookies”

Galletas de manteiga / Butter cookies

Galletas de manteiga

galletas de manteiga

Pasouvos algunha vez que despois de facer unhas galletas de manteiga caseiras, ao probalas, non sabían tan a manteiga como esperavades? A min, varias veces. Xa levaba tempo e tempo facendo distintas receitas de galletas, cambiando ingredientes, engadindo máis ou menos manteiga, para que realmente tiveran sabor a manteiga, como aquelas danesas da mítica caixa azul (si, esa que tamén se empregaba, entre outras cousas, como costureiro). E ata o de agora, non conseguira ningunhas que realmente me gustaran tanto como esas. Mais isto mudou esta semana, cando despois de tanta proba, dei coa receita perfecta para facer unhas galletas danesas con sabor a manteiga tan saborosas como as de sempre. Por fin!!! E sabedes que é o mellor de todo? Que só fan falta 3 ingredientes. Podo dicir, sen medo a trabucarme, que estas son as galletas máis saborosas, sinxelas e rápidas que fixen nunca. E dixen xa o boas que están? Puro vicio! Iso sí, recoméndovos que fagades unha pequena inversión e merquedes unha manteiga de calidade, xa veredes como se nota a diferenza. Imos aló! Continue reading “Galletas de manteiga / Butter cookies”

Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies

Homiños de xenxibre

gingerbread

O certo é que estas galletas con forma de homiños de xenxibre son unha das receitas máis populares e recoñecibles no mundo das receitas de Nadal, mais teño que recoñecer que nunca as probara. Non sabía como serían nin o seu sabor nin a súa textura. E agora que xa as probei, reprobei e requeteprobei, só podo dicir que están BOÍSIMAS!!! Que sabor! Un sabor a caramelo, xenxibre, especias…mmm…unha explosión de sabores no padal que de seguro fará que devezades por elas. Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies”

Galletas de nocilla / Nutella cookies

Galletas de nocilla

nutella cookies

Unhas deliciosas galletas con só tres ingredientes: Nocilla (ou nutella), 1 ovo e fariña! Así de sinxelo! 😀 E están boííísimaaaaaas!!! Con esta receita tan molona, non teredes que deixar nunca pasar ese antollo de galletas porque as poderedes facer nun plis! E a quen non lle gustan unhas galletas de chocolate? E se tendes o día ben larpeiro (coma min), podedes, ademais, botarlle uns lacasitos, máis anacos de chocolate, froitos secos…o que queirades! As galletas quedan ben crocantes, se sodes dos que vos gustan máis brandiñas, aquí tendes outra receita. Imos aló! Continue reading “Galletas de nocilla / Nutella cookies”

Galletas con pegada / Thumbprint cookies

Galletas con pegada

thumbprint

Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! Un sabor intenso a chocolate, unha textura coma a do brownie e, por se isto xa fora pouco, cun recheo de chocolate branco e con leite que…mmmm…puro vicio chocolateiro! De feito, estou escribindo a receita con eles ao meu carón e ven un arrecendo…creo que vou coller unha 😉 Imos aló! Continue reading “Galletas con pegada / Thumbprint cookies”