Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló! Continue reading “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”

Tortilla de pan / Bread omelette

Tortilla de pan

image

Hoxe traiovos unha receita de Pascua. Póñovola por adiantado para que teñades todo preparado e a fagades. Pensando nunha lambonada típica galega de Pascua, recordei que miña avoa me tiña contado que ela sempre facía tortilla de pan o Domingo de Pascua. Ás veces, se se podía, tamén se facía para comer tortilla de pataca, e a tortilla de pan tomábase de postre. É unha lambonada ben sinxela e moi saborosa. Así que non hai excusa! Deixade un pouco pan duro para preparar esta saborosa tortilla. Continue reading “Tortilla de pan / Bread omelette”

Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa / Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna

Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa

image

Unha receita saborosa, sinxela e rápida de facer! Perfecta para repoñer forzas despois de tanta larpeirada! 😉 Desta vez, para facer a lasaña, empreguei unha pasta especial de lasaña con sabor a tomate, e resultou estar moi boa! (Merqueina nun hiper ben coñecido no que andaban a celebrar algo así como a semana dos produtos europeos.) Ademáis, o cabaciño dalle un toque moi suave e fresco. Imos ver como se prepara! Continue reading “Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa / Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna”

Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza

Pizza caseira de queixo de Bama e rixóns

Pizza caseira Continue reading “Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza”