Alfajoriños / Little Alfajores

Alfajoriños

image

Vouvos confesar un segredo… Son adicta ao doce de leite! Gústame en xeados, con filloas, con galletas…e, por suposto, nos alfajores. E xa facía tempo que tiña ganas de preparar estas delicias! Como non son moi fan do coco, usei chocolate branco relado e debo decir que así están ben sabedeiros! 🙂 Imos ver como se fan!

Continue reading

Piruletas de sabores / Pie pops

Piruletas de sabores

IMG_1543

O día que fixen a torta de amoras, sobroume unha pouca pasta brisa, así que tocoume discurrir que podía facer con ela! E así chegou esta idea!

Son moi sinxelas e rápidas de facer, e ademáis é unha receita ideal para facer con nenos. Encantaralles andar co cortapastas e untar chocolate na masa cos seus dediños, para despois, evidentemente, relamelos! 😛 E non vos digo nada cando toque comelas… desaparecerán nun plis!

Imos ver como se fan!

Continue reading

Torta de amoras / Blackberry pie

Torta de amoras

IMG_1503

Que gusto dá poder ir polo campo cunha pequeña bolsiña apañando amoras, non si? É algo que sempre me apaixoou de pequena, e o certo é que tiña (e teño) certa predilección por apañalas nun lugar especial, en Corbillón (Cambados). Dende que cada verán, visitabamos uns amigos neste lugar, a miña actividade favorita era ir coller amoras despois de comer. E este ano, non foi menos. Continue reading