Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló! Continue reading “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”