Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading “Apfelkiechle”

Fritos de cabaciña / Zucchini fritters

Fritos de cabaciña

fritos

Hai veces que nos costa pensar que facer para acompañar calquera prato de carne ou peixe. Probamos con ensaladas, verduriñas, patacas, mais de cando en cando apetece variar e probar algo diferente. Estes fritos de cabaciña son o acompañamento perfecto para calquera prato, un petisco moi saudábel ou unha cea lixeira e ben saborosa. Para acompañar a cabaciña, nada mellor que cenoria e un bo anaco de queixo Cheddar 😉 Se queredes facer a versión máis saudábel, podedes obviar o queixo, mais botando un chisco, quedará un prato ben lixeiro e, ao derreterse, daralle un toque moi cremoso aos fritos. En canto ao queixo, xa sabedes que podedes empregar aquel que máis vos guste, a min como me gustan case todos, depende un pouco do que teño pola casa nese momento. Desta vez, tocou Cheddar, mais calquera queixo lle ha quedar ben 😀 Imos aló! Continue reading “Fritos de cabaciña / Zucchini fritters”

Bunyols

Bunyols

bunyols

Hoxe tráiovos unha receita catalana típica da cuaresma. Aínda que na Galiza tamén acostumamos a facer chuliñas, o certo é que a preparación destes bunyols é ben diferente, e é por iso polo que deixo o nome en catalá, para que non haxa confusión coas nosas chulas. A receita é, coma sempre, sinxela e rápida, e non quedan nada aceitosos. E os ingredientes son deses que sempre temos pola casa, polo que é unha receita moi socorrida para cando queremos facer unha sobremesa sen ter que mercar moitos ingredientes diferentes. Imos aló! Continue reading “Bunyols”

Chulas de alcachofa / Artichoke fritters

Chulas de alcachofa

alcachofas

As receitas de chulas son xeniais. Non levan ingredientes moi complicados e pódense facer con case calquera verdura, froita ou peixe. Despois de probar as chulas de cabaza e de bacallau, tocaba facer outra versión salgada e con verduras, desta vez, con alcachofas. Xa veredes que ricas están! O máis complicado é quizáis preparar as alcachofas, mais axiña se lle colle un truquiño 🙂 Imos aló! Continue reading “Chulas de alcachofa / Artichoke fritters”

Chulas de bacallau / Cod fritters

Chulas de bacallau

chulas bacallau

Onte merquei bacallau fresco e o filete era ben grande, así que tocaba discurrir receita para os anacos que me ían sobrar. O bo das chulas de bacallau é que non hai que cociñar previamente o bacallau, bótanse tódolos ingredientes en cru, e despois frítense as chulas e xa está! Así, a receita faise nun plis e o resultado é boísimo. De todas maneiras, se vos sobran anacos de bacallau cocido ou fritido, tamén o podedes empregar. Imos aló! Continue reading “Chulas de bacallau / Cod fritters”

Chuliñas de cabaza / Galician pumpkin fritters

Chuliñas de cabaza

chulas cabaza

Encántame a cabaza, e non só polo seu sabor, senón porque pódese facer unha chea de receitas con ela e todas están boísimas. Unha das máis típicas da nosa terra son as chuliñas. Para aqueles aos que non lles guste moito o sabor da cabaza, dicirvos que non se nota moito, e fai que as chulas queden moi esponxosas por dentro. Imos aló! Continue reading “Chuliñas de cabaza / Galician pumpkin fritters”