Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló! Continue reading “Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots”

Arroz fritido / Fried rice

Arroz fritido

arroz fritido

Despois de tanto e tanto tempo, descubro que non teño a receita de arroz fritido no blogue. E como pode ser? Co que a min me gusta e o ben que cumple as miñas máximas de receita perfecta: rápido, sinxelo, saudábel e saborosísimo. O arroz fritido é unha receita ben socorrida, desas que sabe de medo e faise nun plis, e ademais, perfecta para cando temos que quedar a comer no traballo. Ademais, deixovos dous ingredientes que lle dan un toque moi especial e fan que aínda estea máis bo. Imos aló! Continue reading “Arroz fritido / Fried rice”

Receitas de ensaladas / Salad recipes

Receitas de ensaladas

IMG-20150629-WA0001_1435574722855

Encántanme as ensaladas!!! Son moi sinxelas, casi se lles pode botar de todo, son frescas, non hai que enredar moito na cociña, son saudábels e están boísimas! Como fun facendo xa varias ensaladas, que tamén puxen no facebook, decidín poñelas todas nunha entrada porque así sempre lles podedes botar un ollo cando precisedes ideas 😉 E así, eu tampouco me esquezo de como as fixen xD Imos aló! Continue reading “Receitas de ensaladas / Salad recipes”