Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica a Carcassonne

Xa había tempo que non facía un artigo sobre unha viaxe gastronómica. Ás veces resulta complexo recomendar sitios porque aqueles que levas en mente non resultan como agardabas; mais desta vez, como xa repetía, xa tiña un chisco máis de idea. Coma case sempre, déixovos dúas propostas gastronómicas de prezos distintos para tódolos petos e tódolos padais 😉 Iso si, ámbalas dúas moi recomendábeis! Eu devezo pola cociña francesa e en Carcassonne pódense probar produtos moi variados e moi saborosos. Xa veredes! Non vos lío máis e imos ao tema! Continue reading “Viaxe gastronomica – CARCASSONNE – Gastronomic trip”

Ficelle Picarde

Ficelle Picarde

ficelle picarde

Con isto da Eurocopa en Francia, aínda que non gostemos do fútbol, si que podemos aproveitar para investigar un chisco máis sobre a gastronomía francesa. Este prato é puro vicio! Saboroso, cremoso, sinxelo e si, nada saudábel! Mais como de cando en cando xa convén facer algunha excepción, polo menos facela por algo que pague ben a pena! Os ficelle picarde son típicos da zona de Picardie, ao norte do país e aquí preséntovos a receita orixinal, que consiste en crepes cun recheo moi saboroso e un toque de crème fraîche. Imos aló! Continue reading “Ficelle Picarde”

Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló! Continue reading “Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin”