Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad

Ensalada de queixo de cabra e framboesa

O tempo anda medio revolto, mais nestes días de calor, que xa tivemos abondo, apetece cociñar pratos fresquiños e as ensaladas son sempre moi socorridas. Ademais, pódense facer combinacións infinitas cos ingredientes que máis vos gusten, ou con aqueles que estean de tempada. Desta vez, fixemos un aliño moi especial para aproveitar a saborosísima marmelada de framboesas do Pazo de Vilane. O resultado, espectacular e a pinta incrible! Se vos gustan as ensaladas cun punto lambonciño, esta é a vosa 😉 Imos aló! Continue reading “Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad”

Blondies de pistachos e framboesas / Pistachio and raspberries blondies

Blondies de pistachos e framboesas

blondies

O meu polo brownies é pura paixón! Encántame incluso máis facelos que papalos porque sei que teño xente ao meu carón que goza moito deles. 🙂 E os blondies non deixan de ser a versión de chocolate branco dos brownies. Nin máis nin menos. E como é ben sabido que os froitos secos e os froitos vermellos casan moi ben co chocolate branco, aí que van os dous para facerlle compaña a estes saborosísimos blondies. Imos aló! Continue reading “Blondies de pistachos e framboesas / Pistachio and raspberries blondies”

Limoada de framboesa / Pink lemonade

Limoada de framboesa

pink lemonade

Cando fai bo tempo, apetecen lambonadas frescas e sinxelas de facer, nas que non haxa que andar moito na cociña nin usar o forno. E esta receita é perfecta para eses días de calor, unha limoada cun toque de framboesa que lle dará unha duzura extra que vos encantará. Imos aló! Continue reading “Limoada de framboesa / Pink lemonade”