Macarróns gratinados / Macaroni au gratin

Macarróns gratinados

Hai días nos que apetecen macarróns, ou polo menos iso me pasa a min. Recoñezo que son bastante de antollos con isto da comida e hai pouco andaba eu pola rúa e veu un aroma a macarróns gratinados que… bufff, non me puiden resistir a preparalos na casa! É unha receita sinxela que a maioría de nós xa preparamos algunha que outra vez, sobre todo, se temos cativada pola casa. De cando en cando xa toca facer algún prato que non é tan saudábel, mais que si nos trae recordos de cando eramos pequenos e nos facían estes pratos tan divertidos e saborosos 😉 Imos aló! Continue reading “Macarróns gratinados / Macaroni au gratin”

Ficelle Picarde

Ficelle Picarde

ficelle picarde

Con isto da Eurocopa en Francia, aínda que non gostemos do fútbol, si que podemos aproveitar para investigar un chisco máis sobre a gastronomía francesa. Este prato é puro vicio! Saboroso, cremoso, sinxelo e si, nada saudábel! Mais como de cando en cando xa convén facer algunha excepción, polo menos facela por algo que pague ben a pena! Os ficelle picarde son típicos da zona de Picardie, ao norte do país e aquí preséntovos a receita orixinal, que consiste en crepes cun recheo moi saboroso e un toque de crème fraîche. Imos aló! Continue reading “Ficelle Picarde”

Torta real / Royal cake

Torta real

torta real

Torta real é o nome co que se lle chamaba antigamente á torta de améndoa que agora coñecemos como torta de Santiago. É unha torta moi sinxela con só 4 ingredientes, ou ben 3, se non lle botades un chisco de augardente, mais recoméndovolo moito, pois dálle un toque moi orixinal 🙂 Ademais, como non leva fariña de ningún tipo, é apta para celíacos. Imos aló! Continue reading “Torta real / Royal cake”

Brandada de bacallau / Cod brandade

Brandada de bacallau

brandada

A primeira vez que probei a brandada de bacallau foi nun canelón feito con masa de filloa (xa vos deixo aquí a idea por se queredes probar)e estaba moi, moi, moi boa. O que non sabía é que a brandada era tan sinxela e rápida de facer. E sobre todo, que así, soa, sen filloa nin canelón nin nada, estaba tan boa como está. Os ingredientes son moi básicos e o paso a paso moi doado. Imos aló! Continue reading “Brandada de bacallau / Cod brandade”

Torta chocolateira / Chocolate cake

Torta chocolateira

chocolate

Unha lambonada desas que quedan moi chulas e que están moi boas! A min acabóuseme a crema de cacao e non lla botei polos costados, mais se tendes crema de cacao abondo, aproveitade e poñédella polo arredor, así secarase menos e aguantará máis días o biscoito. A receita é moi sinxela e xa vedes que campa un montón, va que si? Imos aló! Continue reading “Torta chocolateira / Chocolate cake”

Salmón ao forno con soia / Baked salmon with soy sauce

Salmón ao forno con prebe de soia e verduriñas

salmon verduras

Despois de taaantas e taaantas paparotas, boa falta fan unhas receitas máis saudables e que non nos dean moito choio. Esta é a primeira delas, un saboroso salmón ao forno con verduriñas e salsa de soia. Un prato moi sinxelo, rápido, cheo de sabor e moi saudable. Imos aló! Continue reading “Salmón ao forno con soia / Baked salmon with soy sauce”