Flores de Entroido / Carnival flowers

Flores de Entroido

Repasando tódalas lambetadas típicas de Entroido que xa tiña feitas, decateime de que poucas me quedaban por facer (e mira que hai abondo!) Unha delas son estas flores. A miña nai contoume que na súa casa facíanas cando era pequena. Normalmente acostumaban a facer as follas de limoeiro, mais de vez en cando, tamén empregaban este molde tan curioso que fai estas flores que teñen un sabor entre as follas de limoeiro e as orellas. A receita non ten ciencia ningunha e os ingredientes son deses que sempre temos pola casa. O máis complicado da receita é conseguir o molde, e nesta época xa se comezan a ver polas tendas. Ou se non, sempre o podedes pedir emprestado, que así foi como fixen eu 😀 Imos aló! Continue reading “Flores de Entroido / Carnival flowers”

Flores de cabaciña / Zucchini flowers

Flores de cabaciña

flores

Si, outra receita con cabaciñas! Xa vos dixen que cando comezan, hai que ir a lume de carozo con elas. Desta vez, para variar, empregaremos outra parte da pranta que non é a propia cabaciña en si, senón a súa flor. Non sei se algunha vez tivestes a oportunidade de catar este manxar. A primeira vez que as comin, fíxeno na casa, cunha receita similar a esta que vos propoño hoxe. E a segunda vez foi nun restaurante e recheas de brandada de bacallau (así xa aproveito para deixarvos a idea, por se alguén se anima). En canto ao sabor, hai que probalas! Non vos descubrirei nada para que probedes e me contedes que vos parece! Imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña / Zucchini flowers”