Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies

Galletas de manteiga de cacahuete

A min pásame que ás veces quero preparar galletas, pero non o fago porque me dá moita nugalla todo o longo proceso e a cantidade de ingredientes que fai falta para preparar unhas galletas ben sabedeiras. Estas galletas de manteiga de cacahuete só precisan 3 ingredientes, e fanse nuns 20 minutos, contando o tempo de enfornado. O resultado son unhas galletas cun intenso sabor a cacahuete, brandiñas, suaves e lixeiramente crocantes. Eu deille un toque algo diferente que estou segura de que vos vai gustar e que lle aporta un contraste de sabor moi interesante. Para facer as galletas, cómpre ou ben mercar unha manteiga de cacahuete que sexa 100% cacahuete, sen nada máis, ou ben facela caseira. Sen máis historias, imos ao lío! Continue reading “Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies”

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading “Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse”