Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel

Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns

Se nunca volo dixen, xa tardaba, mais un dos grandes praceres da vida para min é ir á horta e observar. Si, xa sei que tamén hai que traballar, que tamén, mais gústame moito dar un paseo arredor dos produtos e pensar algunha receita que facer con eles segundo os estou vendo. Non me dá xeito collelos, traelos para a casa, e despois pensar, máis que nada porque moitas veces, acaban pola cociña sen saber moi ben que facer con eles. Gústame observalos no seu estado natural e deixarme inspirar polas súas formas e cores. E onte, estando na horta, vin o fermosas que estaban as flores das cabaciñas e tíveno claro, algo tiña que facer con elas. É moi importante que cando as collades, a cabaciña xa teña un tamaño xeitoso, e así non impediremos o seu crecemento aínda que lle roubemos a flor. Da outra vez, fíxenas con xamón e queixo, mais tiña gana de facelas con algo máis cremoso para contrastar coa textura crocante que lles queda ao fritilas. Así, as puntas quedan moi crocantes e segundo imos mordendo, vanse volvendo moi cremosas e aínda máis sabedeiras. Para min é un pracer cociñar con estes produtos, e é unha das actividades que maior satisfacción me dan. E sen máis historias, imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel”

Receitas de Entroido / Carnival Recipes

Receitas de Entroido

Como non podía ser doutra maneira, había que facer un artigo, que agardamos poder ir ampliando, con tódalas receitas típicas do Entroido, que non son poucas. Así, non teremos que ir rebuscando polo blogue e veremos as diferentes receitas non só de Galiza, que xa temos unhas poucas, senón as que se fan arredor do mundo. Este artigo irémolo actualizando segundo vaiamos facendo máis receitas. Non perdades un segundo e poñédevos coas mans na masa porque todas e cada unha destas receitas está para relamber os dedos! Imos aló! Continue reading “Receitas de Entroido / Carnival Recipes”

Flores de Entroido / Carnival flowers

Flores de Entroido

Repasando tódalas lambetadas típicas de Entroido que xa tiña feitas, decateime de que poucas me quedaban por facer (e mira que hai abondo!) Unha delas son estas flores. A miña nai contoume que na súa casa facíanas cando era pequena. Normalmente acostumaban a facer as follas de limoeiro, mais de vez en cando, tamén empregaban este molde tan curioso que fai estas flores que teñen un sabor entre as follas de limoeiro e as orellas. A receita non ten ciencia ningunha e os ingredientes son deses que sempre temos pola casa. O máis complicado da receita é conseguir o molde, e nesta época xa se comezan a ver polas tendas. Ou se non, sempre o podedes pedir emprestado, que así foi como fixen eu 😀 Imos aló! Continue reading “Flores de Entroido / Carnival flowers”

Flores de cabaciña / Zucchini flowers

Flores de cabaciña

flores

Si, outra receita con cabaciñas! Xa vos dixen que cando comezan, hai que ir a lume de carozo con elas. Desta vez, para variar, empregaremos outra parte da pranta que non é a propia cabaciña en si, senón a súa flor. Non sei se algunha vez tivestes a oportunidade de catar este manxar. A primeira vez que as comin, fíxeno na casa, cunha receita similar a esta que vos propoño hoxe. E a segunda vez foi nun restaurante e recheas de brandada de bacallau (así xa aproveito para deixarvos a idea, por se alguén se anima). En canto ao sabor, hai que probalas! Non vos descubrirei nada para que probedes e me contedes que vos parece! Imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña / Zucchini flowers”